GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

martes, 5 de julio de 2011

UN BOSQUE PARA LER E NAVEGAR: RESUMINDO


Rematou o curso, e con el, o noso Proxecto Documental Integrado, titulado Un bosque para ler e navegar. 

Como lembraredes, estivo inspirado no Ano Internacional dos Bosques.

Para coñecer todo o que temos feito e coñecido este curso, premede nesta foto:



E, como despedida, deixámosvos con un agasallo.

A nosa canción favorita deste curso (O verde mola) tense convertido na banda sonora dun vídeo que navega por Youtube. Foi elaborado por Carmen Lodeiro, que traballa no C.E.I.P. Barrié de la Maza, de Santa Comba. Grazas a Carmen por este agasallo que é un bonito colofón para un curso de traballo!






No hay comentarios: