GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

lunes, 4 de julio de 2011

PREMIOS PARA TODOS

Remata o curso, e... é hora de recapitular e avaliar. 

En primeiro lugar, quixemos premiar ó alumnado que máis libros levou en empréstito. O gañador absoluto resultou ser Xavi, de 2º A, que case levou medio centenar de libros. Aquí tendes ós restantes gañadores. 




Pero ninguén marchou de vacacións coas mans baleiras. Cada alumno levou o seu agasallo. 





Por último, as nosas super-axudantas (si, todas elas mulleres) recibiron un merecido premio pola súa laboura constante, seria, calada e sumamente eficiente. 



Grazas a todos, e... Felices lecturas veraniegas!



No hay comentarios: