GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

martes, 5 de julio de 2011

E PARA SEGUIR COAS ÁRBORES E COS BOSQUES...


... propóñovos unha visita moi pertiño de nós. 

Coñecedes a Fundación Sales...?

Onte tiven a oportunidade de visitala, e, realmente, sorprendeume. Estou farta de pasar por diante, e non sabía a beleza que alí medraba. E a fantástica labor que están a desenvolver os biólogos que alí traballan. Penso que é unha visita imprescindible, da mesma categoría que o Pazo de Castrelos, ou os moitos (e bós) museos que, ultimamente, "adornan" a nosa cidade.

A referencia: se ides hacia Samil pola Avenida de Europa, despois do desvío para o Asilo, atoparedes unha fermosa árbore vermella (tamén descubrín onte que se trata dun eucalipto vermello), enmarcando o que eu creín sempre un viveiro de prantas. Alí está o segredo mellor gardado.

E se as miñas palabras non vos convencen, informarvos previamente na súa fantástica páxina web:

Fundación Sales

Por certo que, se ides estes días, poderedes gozar dunha marabillosa exposición de caricaturas.

Seguro que quedades encantados coas visitas guiadas! Xa me contaredes!


No hay comentarios: