GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

martes, 5 de julio de 2011

A NOSA BIBLIOTECA, NO II ENCONTRO "LITERATURA E EDUCACIÓN"

Para comezar ben as vacacións... máis literatura e máis bibliotecas!

Porque do 30 de xuño ó 2 de xullo estivemos en Santiago a profe Luz e máis eu, participando no II Encontro Estatal Literatura e Educación, organizado por FETE-UGT.

Unhas interesantes xornadas nas que participaron dende ilustradores ata editores, pasando por escritores, profesores universitarios, asesores de Bibliotecas Escolares e mestres de centros integrados no PLAMBE.

O intre máis entrañable foi o xoves pola tarde, cando Manuel Rivas foi galardoado co Premio das Letras Lorenzo Luzuriaga. 

Tamén foi ocasión de charlar e aprender coas nosas compañeiras de PLAMBE Nine e Gracia, e coas nosas "xefas", Cristina e Pilar. 

As xornadas remataron coa presentación de tres centros galegos galardoados cos Premios Nacionais de Boas Prácticas en Bibliotecas Escolares: o C.E.I.P. de Cervo, o I.E.S. de Sanxenxo e o C.E.I.P. Frian - Teis. Así que compartimos mesa con Nati (a Asesora do CEFORE de Vilagarcía), con Loli, de Sanxenxo, e con María, de Cervo.

A nosa presentación titulouse Biblioteca en crecemento, e, como non, foi inspirada no cadro de Brais.



Unha oportunidade para aprender e intercambiar opinións. 

2 comentarios:

Ronsel dijo...

Parabéns polo voso traballo e pola vosa exposición. E grazas pola xenerosidade. Agardo que esteas de acordo coas compras!!!

Frianciño dijo...

Grazas, Gracia.
Podes durmir tranquila! Encantáronme os libros que me recomendaches.
Un bicazo e bp verán.