Se, durante a semana pasada, vos achegastes á ela, descubriríades unha nova decoración nas paredes da Biblioteca.
Trátase dunha composición creada por Brais Gómez Salvador (antigo alumno do Colexio) titulada Biblioteca en crecemento. Unha composición que non é máis que a súa propia visión sobre a evolución da Biblioteca durante estes catro cursos de traballo.
Aquí podedes escoitalo explicando o que quixo representar na súa obra:
Pero... quen é Brais...?
Pois, a pesares da súa xuventude, Brais é un dos colaboradores máis senlleiros da nosa Biblioteca. Curso tras curso, acude a ela para, durante as Tardes de Conto, engaiolar a toda a rapazada cos seus marabillosos números de maxia, nos que ten como colaborador ó seu irmán Roi.
E, ademais, ós seus quince anos, Brais xa é "pai". Pai dun personaxe de sobras coñecido por todos os nenos e nenas de Frian: Frianciño.
Grazas, Brais, e... grandes éxitos neste mundo plástico que tanto te gusta e no que despuntas coma un artista!




No hay comentarios:
Publicar un comentario