GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

lunes, 4 de julio de 2011

SAÍDA ÁS MÁMOAS DE CANDEÁN


Para rematar o curso, todos os nenos e nenas do Colexio fixemos unha saída especial: coñecimos as Mámoas da Madroa.

A saída foi preparada minuciosamente polo profe Jose. Neste enlace atoparedes a información que ten elaborado sobre as mámoas.

O luns día 20 foi a data elixida para a saída dos nenos e nenas de Educación Infantil e Primeiro Ciclo de Primaria. Nestas fotos veredes o ben que o pasamos:



Para ver máis fotos, premede neste enlace.

O martes 21 correspondeu o turno ó alumnado do Segundo e Terceiro Ciclos de Primaria.

Un broche de ouro para rematar o noso Proxecto: Un bosque para ler e navegar!



No hay comentarios: