GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

viernes, 19 de marzo de 2010

DIA DA POESÍA EN FAMILIA



21 de MARZO: Día da Poesía 

21 de MARZO: Inicio da Primavera

Chegou a Primavera! Este arrecendo que enche o aer parece confirmalo: o 21 de marzo é a data máis axeitada para celebrar o Día da Poesía.

No noso cole, este curso, queremos centrarnos nunha figura moi especial: Miguel Hernández, de que celebramos o Centenario do seu nacemento. 

Pero, por outra banda, queremos que toda a Comunidade Educativa lea poesía, se emocione coa poesía e disfrute ilustrando poesía. 

Así que, como noutras ocasións, animamos a todos a Facer Familia en Frian, cunha actividade de pais e fillos consistente en ilustrar algúns poemas escollidos para a ocasión.

Como xa sabemos que todos sodes uns artistas, estamos desexando que chegue a data da recepción dos traballos, para poder disfrutar deles!

Día da Poesía 2010


FELIZ INICIO DA PRIMAVERA...


... E FELICES E POÉTICAS LECTURAS!

No hay comentarios: