GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

martes, 20 de abril de 2010

PALADEAMOS O SABOR DE SENEGAL CON CRISTINE




O pasado mércores 14 de abril, os alumnos e alumnas do Terceiro Ciclo recibiron a visita de Cristine, a nai de Oumar.

Foi unha aprendizaxe mutua. Por unha banda, Cristine, que fala francés, está a aprender español. Pola outra, aprendeunos moitas cousas do seu país: as linguas que alí se falan, a roupa que visten, a comida que comen, as bebidas que beben, os peiteados que levan...

Cristine, en todo intre, estivo pendente de nos agasallar: primeiro, preparando na súa casa unha suculenta comida ó estilo senegalés; logo, vestindo as súas mellores galas; por último, peiteándonos e mostrándonos os seus colares.

Para saber máis de Senegal, neste enlace podes ler o que Cristine, cunhas perfectas ortografía e caligrafía, preparou para nós nun correcto español.

Para coñecer máis polo miúdo esta actividade, podes disfrutar das seguintes fotos:





Grazas, Cristine, pola túa cercanía e disponibilidade, e por achegarnos a Senegal, o teu país!

5 comentarios:

Belén dijo...

Que sorte! Tivo que ser unha experiencia xenial!

Alicia y Sergio dijo...

A nos nos gustou a visita de Cristina e nos gustou moito a comida e a bebida que nos traxo para probar porque a comida era típica de Senegal.Pasamolo moi ben.

Sara e Borja dijo...

Gustoume moito esta actividade sobre Senegal nos trouxo comidas típicas de Senegal e dous que estaban moi ricos.
Tamén nos fixo trenzas no pelo e a uns nenos regaloulle pulseiras.

cristian dijo...

gustoume moito que Cristin viñera a noso cole (ceip frian teis)

Roi 6ºB dijo...

Grazas a Cristin paseimo moi ben, nos deu a probar comidas tipicas do Senegal como: arroz con cenoura, polo con unha salsa agridulce, fideos con ovo cocido...
Grazas Cristin