O pasado venres 17 de abril celebrouse a XVI edición de Ponte nas Ondas.
Unha iniciativa pedagóxica que, hai quince anos, comezou cun sinxelo programa de radio e que, hoxe, tense convertido en "abandeirada" na defensa da nosa lingua, da nosa cultura e das nosas tradicións.
Neste decimoquinto aniversario queremos expresar o noso recoñecemento a este movemento co que, con ocasión da gravación de Meniños Cantores, tivemos a oportunidade de colaborar. Unha oportunidade inesquecible de traballo en equipo e de responsabilidade compartida, tanto para o alumnado como para os mestres que alí estivemos.
Moitos éxitos e moitas máis pontes para preservar o noso Patrimonio!
Escoita Ondas alén mar, o tema composto este ano por Pancho Álvarez para Ponte nas ondas, neste enlace.

1 comentario:
Coñecémosvos a través doutro blog amigo e seguímosvos con moito interés, por eso vos deixamos un agasallo no noso blog.
Unha aperta de Maria dende Cervo-Lugo.
Publicar un comentario