Recompilando as vosas pesquisas.
Durante todo o curso, moitas das familias da nosa Comunidade Educativa estiveron pescudando en busca de imaxes matemáticas presentes no noso entorno, ás veces, incluso, sen saír da casa.
Finalizada a actividade, aquí temos a recompilación. Unha merecida homenaxe a todos e a todas os que a fixestes posible.

2 comentarios:
Xa hai un tempo que levo seguindo o voso blogue, e esta entrada non me permite agardar máis. Quería darvos os parabéns por todo este traballo tan ben feito. Quen me dera que os meus fillos estiveran nese centro.
Non é nada fácil mostrarlle aos cativos a importancia das matemáticas, e déchedes cunha actividade na que ademais lle transmitides iso ás familias. Moi ben feito!
Moitísimas grazas, Cibrán! Abrúmannos os teus parabéns e énchennos de satisfacción (nós, que máis ben somos de letras). Esperamos seguir contando coas túas visitas. Un saúdo.
Publicar un comentario