GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

jueves, 26 de mayo de 2016

ACTIVANDO A MENTE DE XEITO CREATIVO


A derradeira proposta deste curso. 

Durante o presente curso estivemos incentivando a participación do alumnado mediante propostas matemáticas de diversa índole. A participación resultou moi elevada a partir de 4º curso de Primaria, e os rapaces mostrábanse ilusionados e motivados.

Achegándonos ó remate deste curso, a última proposta foi creativa:

Fíxate na silueta. Que cres que representará? Todas as respostas serán válidas, sempre que sexan simétricas


Estas foron as respostas que nos deron os alumnos e alumnas participantes. Algunhas delas, como podedes comprobar, moi orixinais:




Pero a silueta non é unha invención nosa. Tamén é unha análise matemática da realidade. Copiamos a idea o pasado verán, nas rúas de Turín, onde unha mostra reflectía o enxeño de varios artistas para recrear a silueta dunha da iconas da cidade: a cúpula da Mole Antonelliana, onde está instalado o Museo da Cinematografía




Como vedes, a Mole é toda unha mostra matemática, pola súa superposición de formas xeométricas e pola súa magnífica simetría.

Imaxe: LEONARDO PIRES. Torino and Mole Antonelliana from Villa della Regina. en Flickr. CC BY

No hay comentarios: