Un graffiti matemático no barrio!
Xa dabamos por concluídas as viaxes de Frianciño en busca dun mundo matemático cando, de repente, atopamos no correo a mensaxe da familia Roca, totalmente "abducida" nesta pesquisa matemática.
Mirade o que nos conta Carlos, o pai de Bernal e Icía:
Ola! No barrio temos un graffiti máis que interesante para a serie de fotos de "Vivimos nun mundo matemático".
Descoñecemos o autor e a súa intencion, pero non hai dúbida do que é 3,14.
Pi é un número irracional (non pode ser expresado como fracción de dous números) que se define como a relación entre o que mide a circunferencia e o seu diámetro (a liña entre dous puntos da circunferencia que pasa polo centro).
Bernal e Icía no papel da coma, separan o enteiro do decimal.
Realmente, fantástico! Encántanos todo: primeiro, a vosa iniciativa e interese por seguir descubrindo as matemáticas na vida cotiá. E, como non, a posta en escea! Que ben lles acae a Icia e a Bernal o look rapeiro!
Grazas, familia!


No hay comentarios:
Publicar un comentario