GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

sábado, 21 de mayo de 2016

FALANDO DE MANUEL MARÍA


Con Emilio López Pérez, grande amigo do poeta.

Hai alguhas semanas, Aine (a nosa alumna de 6º B) contounos que o seu tío coñecera a Manuel María. Aine e a súa compañeira Sheila demostraran en anteriores ocasións que son unhas grandes conversadoras e entrevistadoras, así que lles propuxemos que fixeran unha nova entrevista ó tío para achegarnos ó lado máis humano do poeta.

A nosa sorpresa foi que nos atopamos cun home dunha gran calidade humana, cunha longa traxectoria, grandes vivencias e unha personalidade irresistible para quen Manuel María fora non só unha alma xemelga, senón tamén un irmán maior e un pai intelectual. Grazas ás palabras de Emilio conseguimos achegarnos  a Manuel María dende o punto de vista humano, e descubrir a unha persoa boa, sinxela, comprometida coa terra, coa lingua, coa paz, cun apetito e unha inquietude intelectuais que facían del un sabio, un artista da palabra que dominaba todos os xéneros literarios, un gran observador da realidade que era quen de construír, a partir do obxecto máis cotiá e humilde, a máis fermosa composición literaria.



Grazas, Emilio, por facer bailar bolboretas na nosa alma!







No hay comentarios: