Como saberedes, o vindeiro martes 7 xuño (se o tempo o permite) celebraremos a Feira Fin de Proxecto. E, como xa ven sendo tradicional, as familias participades con imaxes para elixir o cartel deste día. Sen embargo, este curso, dado que estivestes a investigar sobre imaxes matemáticas, imos introducir unha variante. Das imaxes enviadas durante o curso, o Equipo de Biblioteca ten feito unha selección entre as que elixiremos a que máis nos guste para plasmar no cartel.
Para colaborar connosco, seguide este proceso:
- Visualiza as fotos seleccionadas no seguinte enlace: https://picasaweb.google.com/108810591955618978279/6290052710502872865?authkey=Gv1sRgCJjShfzLlcGSXg#slideshow/6290052712700024754
- Despois de visualizalas, elixe a que máis che gusta. Fíxate no número escrito debaixo (Foto x).
- Agora, entra no seguinte cuestionario e pica o número que corresponde á foto que che gusta.
- Cando remates, non esquezas premer no botón ENVIAR para que a resposta quede gravada.
Non te demores! Tes de prazo ata o sábado 4 de xuño.

No hay comentarios:
Publicar un comentario