Que sabes do autismo...?
A Asemblea Xeral de Nacións Unidas adica o 2 de abril ó Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo. Para conmemorar esta data, o Secretario Xeral da ONU ven de publicar unha mensaxe onde constata o incremento da concienciación sobre o espectro autista entre a poboación en xeral e impulsa o apoio ós pais dos afectados con diagnósticos temperás, coa integración destes nas escolas e co chamamento ó empresariado para proporcionar emprego a este colectivo de capacidades excepcionais.
Pero... que sabemos do autismo...?
Recuperamos este programa de Documentos TV (TVE) para saber un pouco máis sobre estas persoas, moitas veces, tan próximas a nós. (Preme na imaxe para acceder á páxina do vídeo).
Á volta da Semana Santa, seguiremos a traballar sobre elo. O noso cartel xa está preparado...!


No hay comentarios:
Publicar un comentario