En Educación Infantil.
Despois das sesións anteriores, e cun pouco de retraso, damos conta das actividades de Educación Documental nas aulas de Infantil. A nosa reporteira, a profe Charo, relátanos o que aconteceu na semana do 9 ó 13 de febreiro.
Esta semana o Pirata
Barbatola volveunos deixar unha mensaxe na botella coa que se comunica connosco. Era unha carta
na que nos pedía axuda para adiviñar onde nacera Benito
Soto. Adxuntaba o seguinte mapa:
Comezamos a
pensar onde poderiamos conseguir información e buscamos na
internet. Atopamos unha páxina adicada a Benito Soto:
Desta páxina
sacamos moita información. Descubrimos que naceu en Pontevedra, no
barrio da Moureira e vimos imaxes de como era este nos tempos
de Benito Soto.
Xa estamos tras a
pista deste pirata!!!!!
Continuaremos coa
nosa historia pirata!!!!!!

No hay comentarios:
Publicar un comentario