Non foi moi lonxe, pero fíxonos moita ilusión. As nosas contadoras (Sheila, Aine, Silvia, Elisa e Lucía) estaban moi nerviosas, ante a perspectiva de contar diante dun público tan esixente. Pero a verdade é que a experiencia resultou magnífica.
Os profes do cole (Chus, as Martas, Rafa, Mónica e a Teacher) acolléronnos con moito agarimo. Tan bonita nos pareceu a escola, que Aine quería quedar para sempre.
Repartímonos polas aulas de dúas en dúas: Lucía e Elisa na aula de 5 anos; na de 3, que era moi numerosa (25 nenos e nenas), Aine e Sheila ; e Silvia na de 4 anos. Como nas outras aulas contamos dous contos, a profe Elisa (que é unha grande contadora) animouse tamén a intervir.
A reporteira gráfica estivo a facer fotos por todas as aulas. E pode atestiguar que o silencio era total e absoluto. Tan atentos estaban os rapaces! E as nosas nenas desenvolvéronse de marabilla. Xa dicía o profe Rafa que podían quedar elas a dar a clase!
Ademais da "contada", fíxonos moita ilusión o lápis co que nos agasallaron os nosos novos amigos.
Pois... moitas grazas, chicos, por nos deixar compartir convosco este ratiño. Vémonos na Biblioteca!

No hay comentarios:
Publicar un comentario