GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

martes, 31 de marzo de 2015

MARZO: UN MES MOI POÉTICO



Unha poesía para cada día.

Este curso quixemos dar relevancia á poesía, adicando non un día, senon todo un mes, á súa lectura. Por suposto, a nosa idea foi vencellar os poemas elixidos ó noso PDI (Un mar de linguas).

Comezamos, pois,  o mes de marzo presentando unha Escolma poética (seleccionada polo Equipo de Biblioteca) para traballar durante todo o mes:



Nas xornadas previas ó 23 de marzo (Día da Poesía) o alumnado bibliotecario tivo un papel relevante: cada día, un rapaz ou rapaza leu un poema, que publicamos puntualmente no noso blog. Así creamos unha colección titulada Lendo nas ondas, coa súa propia canle de Ivoox. (Preme na imaxe para escoitala).



Para o Día da Poesía propuxemos ó alumnado de Primaria un Concurso de Recitado, de carácter voluntario, sobre poemas vencellados co noso PDI. A esta actividade titulámola Recitando nas ondas. Os vídeos gravados publicámolos diariamente, os días posteriores ó 23 de marzo. Podes consultar a recopilación premendo na seguinte imaxe:



Agora xa só queda que o noso xurado decida outorgar o premio ós mellores recitadores. Pero iso xa volo contaremos noutra ocasión!

Imaxe: Dominio Público

No hay comentarios: