GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

miércoles, 25 de febrero de 2015

CHEGOU ATA FRIÁN...


O Pirata Barbatola!

A semana pasada apareceu o cole empapelado con carteis con este texto: 
BÚSCASE A BENITO SOTO ABOAL POR PIRATERÍA
Esta semana estabamos un pouco intrigados a ver que ía pasar, e... cal foi a nosa sorpresa! O día que cada grupo de Infantil tiña que subir á biblioteca, aparecía na porta da súa aula unha botella con esta mensaxe:

Ola nenos e nenas de Frian!
Ando buscando a Benito Soto Aboal por piratería. Benito é o meu maior inimigo.
Subide á biblioteca, e alí podedes saber mais cousas de min.
Déixovos unha sorpresa no cofre.

O pirata Barbatola




Mira por onde descubrimos que quen andaba buscando a Benito Soto era... o seu maior inimigo! O pirata Bartatola!
Subimos á biblioteca e alí estaba preparado o vídeo dun conto moi especial. Narra a historia de como o pirata Barbatola chegou a Frian. Fíxoo da man de Bob Esponxa, que o ano pasado veu de vacacións ó oceáno Atlántico. (Se lembrades, o curso pasado o noso proxecto titulabase A lingua sabe a mar. E nós investigamos todos os animais da nosa ría. Bob decidíu vir aquí de vacacións porque se decatou de que non é un lugar perigoso).






Vistes o atentos que estabamos ó vídeo...? Pois agora deixámosvos con el, para que tamén disfrutedes vós. 




Despois de ver o conto, buscamos a sorpresa que había dentro do cofre, e atopamos a seguinte carta:

Este son eu, o pirata Barbatola. Si queredes convertiros en piratas, tedes que seguir tres regras:
1.- Elixir unha cor para a miña barba.
2.- Pintar o meu retrato.
3.- Pegalo na porta da vosa clase.
Se cumprides estas tres regras, a vosa clase pasa a ser a clase dos piratas Barba……..

Teredes máis novas miñas outro día. 

Adeusssssss





Seguimos as instrucións de Barbatola, e cada aula elixíu unha cor para a barba do seu pirata, quedando deste xeito:
      • 3 anos A é a clase do pirata Barbamarela.
      • 3 anos B é a clase do pirata Barbazul.
      • 4 anos A é a clase do pirata Barbaverde.
      • 4 anos B é a clase do pirata Barbanegra.
      • 5 anos A é a clase do pirata Barbavermella.
      • 5 anos B é a clase do pirata Barbarrosa.
Imos pintar o noso pirata, e despois pegarémolo na porta da aula para identificarnos.
Continuaremos coa nosa historia pirata...

martes, 24 de febrero de 2015

24 de febreiro: DÍA DE ROSALÍA




Nesta data celebramos o aniversario do nacemento da nosa máis grande escritora. 

Tal día coma este naceu Rosalía de Castro, a máis grande poetisa do noso país. Por tal motivo, queremos presentarvos uns documentos e actividades para coñecer mellor a esta muller e a súa obra.

Comezamos con este pequeno documental do programa La aventura del saber (RTVE). Con el afondaremos máis nas circunstancias e no espazo no que se desenvolveu a vida e a obra de Rosalía.




Se estiveches moi atento, daríaste conta de que os lugares de Rosalía foron Iria Flavia e Santiago. Pensas que, polo tanto, non tivo nada que ver coa nosa cidade...?

O 25 de agosto de 2014 se publicaba no Faro de Vigo este artigo de opinión titulado El secreto del vapor "Rita". Le atentamente, e deduce que dúas vinculacións tivo Rosalía coa nosa cidade. 





E agora, tras ler o artigo... eres quen de contestar a estas preguntas...?

    • Que era...?
      • "El Miño"?
      • "Cantares Gallegos"?
      • La imprenta Compañel?
      • El vapor "Rita"?
    • Quen era...?
      • Avelino Rodríguez Elías?
      • Joaquín Pérez Boullosa?
      • Manuel Murguía?
      • Pascual Ruíz y Enríquez?
      • Juan Compañel?
      • Fermín Bouza Brey?
      • Ceferino de Blas?
    • Ceferino de Blas sitúa a suposta estancia de Rosalía en Vigo en 1859. Que catro feitos baralla para chegar a esta conclusión?

Rosalía soubo reflectir coma ninguén a alma de Galicia. E por iso non podía permanecer allea ó drama da emigración. O seu poema Pra Habana, que podemos atopar na obra Follas Novas, relata con toda a crudeza a despedida da terra e dos seres queridos, e a aposta por un futuro incerto nun lugar lonxano.

Pero non só as palabras. Tamén unha imaxe, ou unha mirada, poden nos falar dos sentimentos máis profundos que esconden os corazóns das persoas. E Manuel Ferrol, considerado o fotógrafo da emigración, soubo plasmar coma ninguén, cos seus limitados medios, o drama dos migrantes. Hai unhas semanas, os alumnos de 6º visitaron o Acuario da Coruña, onde se exhíbe unha exposición da súa obra. A profe Ana P. achegounos este enlace.




    • Que sentimentos experimentamos ó ver estas imaxes?

Nos vindeiros días, entre todo o alumnado do colexio, iremos desgranando Pra Habana, o intenso poema que Rosalía escribíu sobre a emigración. Mentras, quedámonos con este fragmento, convertido en éxito por un dos máis famosos grupos folk de Galicia: Fuxan os Ventos.


    • Que sentimentos che provoca?



 
Seguro que, con toda esta información, xa estades un pouco máis namorados de Rosalía. Iso é o que lle debeu pasar ó poeta Xosé Luna Sanmartín, que, de cativo, só pensaba en xogar ó fútbol. Pero que, grazas á influencia de Rosalía, rematou escribindo poesía.

Cinco alumnos bibliotecarios nos recitan o poema Un beixo d'amor, un rap homenaxe a Rosalía.




Feliz Día de Rosalía!


Imaxe: Iago Pillado. Relief of Rosalía de Castro. En Wikimedia Commons. CC BY SA

lunes, 23 de febrero de 2015

HISTORIAS DA RADIO - 7


Co pai de Aine.

Nesta ocasión, Aine (5º B) ten unha longa conversa co seu pai. Ademais de descubrir a unha magnífica entrevistadora, poderemos aprender moitas cousas sobre Senegal, que é o país do seu pai.

domingo, 22 de febrero de 2015

HISTORIAS DA RADIO - 6


Con outro tío de Aine.

Outro tío de Aine, a través do teléfono, cóntanos as súas primeiras lembranzas sobre a radio.

HISTORIAS DA RADIO - 5


Co tío de Aine.

Aine (5º B) entrevista ó seu tío en torno ás súas lembranzas sobre a radio.

sábado, 21 de febrero de 2015

viernes, 20 de febrero de 2015

TARDE DE TRENS


Con Yolanda, a nai de Gael.

O pasado martes 10 de febreiro tivemos unha Tarde de contos moi marchosa. Onda nós se achegaron Gael (2º A) e Yolanda, a súa nai, para nos contar Bravo, Thomas!

No vestíbulo de Infantil había unha grande expectación. Ademais de traer o seu libro, os contadores achegaron un montón de trens de xoguete (mesmo parecían os talleres da Renfe!). Xa podedes imaxinar o interesados que estaban os cativos.

E, para rematar, todos os participantes elaboraron un traballo conxunto: un tren feito con material reciclado.



Unha tarde con moita marcha!

HISTORIAS DA RADIO - 3


Coa avoa de Naiara.

Naiara (5º B) entrevista á súa avoa sobre a súa relación coa radio.

jueves, 19 de febrero de 2015

miércoles, 18 de febrero de 2015

A CASA DOS GATOS

Nova Tarde de Conto. 

O pasado 3 de febreiro, Rebeca (a nai de Luamy) estivo no cole para nos contar este conto de Alicia Suárez editado por Kalandraka.

Resultou unha tarde moi "melindrosa" e xeitosa. Mais... como xa sabedes que os gatos son uns seres moi xoguetóns... xogando, xogando... quedamos sen fotos...! Pero damos fe de que a actividade se celebrou e de que chegou a moi bo porto.

Grazas, Rebeca!

HISTORIAS DA RADIO - 1


Coa avoa de Alexandra.

Alexandra, a nosa reporteira máis noviña (3º B de Primaria) entrevista á súa avoa sobre a súa relación coa radio.



lunes, 16 de febrero de 2015

OS CONTOS DOS AVÓS



Unha nova canle para recopilar as historias da Tradición Oral. 

Vimos de crear esta nova canle en Ivoox. Está aberta a todos e todas os que queirades colaborar. Polo de pronto, a profe Elisa ténnos regalado unha morea dos contos que lle contaba o seu pai de cativa. 


Pois... a disfrutar, e a compartir...!

EN TORNO Á BATALLA DE RANDE


Cos alumnos e alumnas de 5º A.

Para o seu Venres de Viva Voz, os nenos e nenas de 5º A botaron man ó seu tema de traballo: a Batalla de Rande. Para iso reproduciron un pequeno poema de Anselmo Feixóo, e interpretaron un rap da súa invención.



Imaxe: Battle of Vigo Bay. Dominio Público. 

viernes, 13 de febrero de 2015

AÍ VEÑEN CANTANDO OS NENOS DO FRIAN...



... pra anunciar a todos que o Entroido está a chegar.

Cantar cantamos, e moito... Pero o tempo non acompañou. Por iso tivemos que sustituír a nosa tradicional saída polo barrio por un desfile polos corridores e o Salón de Actos, abarrotado de familias.

Dacordo co tema do noso PDI (Un mar de linguas), as aulas foron enchéndose de imitadores do famoso corsario Benito Soto (Educación Infantil); de fenicios (1º de Primaria); de vikingos (2º); de romanos (3º); de descubridores de América (4º); de vigueses e viguesas no tempo da Batalla de Rande (5º), de sanguinarios corsarios Drake (6º A) ou de submarinos alemáns (6º B). Un festival de cor e de creatividade.




Feliz Entroido!

jueves, 12 de febrero de 2015

14 de febreiro: DÍA DOS NAMORADOS



Unha historia de amor.

Se hai unha data para ler poemas, esa é, sen dúbida, o Día dos Namorados. Hoxe len para nós dúas das nosas alumnas bibliotecarias: Sheila e Aine. Len un precioso poema do que temos moitas cousas que contar.

Hai uns días chegou á nosa Biblioteca un libro de poemas titulado O libro dos bicos. O autor é Xosé Luna Sanmartín, e a ilustradora, Nuria Díaz. Folleándoo descubrimos que era un tesouro, tanto pola súa fermosura, como polo xogo que nos podía dar de cara ó noso PDI (Un mar de linguas).

Ademais de nos deleitar, este poema sírvenos para aprender moito. Sabiades que Federico García Lorca, un dos máis grandes poetas españois, escribíu seis poemas en galego? Un deles titúlase Cántiga do neno na tenda. Se o analizades, trata sobre os emigrantes galegos que chegaron á Arxentina e sentían morriña pola súa terra. Moitos triunfaban, pero outros, como Ramón de Sismundi seguían a ser tan pobres coma na aldea.

Unha historia de amor inspírase en Cántiga do neno na tenda. Pero, nesta ocasión, con final feliz e fermoso. Ramón de Sismundi, como moitos dos nosos avós, coñece en Bos Aires a María de Landoi, que se convirte no amor da súa vida. E despois de moitos anos, regresan á súa terra, a Cariño, para lembrar con agarimo aqueles anos na emigración.


Música: STRIMMERMAN. Baton World.

13 de febreiro: DÍA MUNDIAL DA RADIO



Sabes como era a radio dos nosos avós...?

Escoitar as historias dos nosos maiores resulta fascinante. Por iso, este ano, decidimos secundar a invitación da Asociación Ponte nas Ondas.

Hai un par de semanas xa experimentamos o inmenso pracer de saber, por boca dos nosos pais e avós, sobre as Historias da Emigración. Iso foi en formato impreso.

Nesta ocasión, armados coas gravadoras dos móbiles, preguntamos ós avós como era o seu primeiro aparello de radio, cales eran os seus programas favoritos ou que nova salientable coñeceran a través das ondas.

A continuación tendes un resumo deste traballo. Pero en seguintes posts achegarémovos as entrevistas unha por unha. É un pracer poder escoitar, en vivo e en directo, estes fructíferos intercambios interxeracionais.



Imaxe: TOMEK GOZDZIEWICZ. Radio "Eroica". En Wikimedia Commons. CC BY SA.  

domingo, 8 de febrero de 2015

TODOS A CANTAR...!



Para celebrar o Entroido!

Como cada ano, os rapaces dos diferentes niveis teñen inventado coplas para o Entroido. Coa axuda dos seus mestres (que teñen feito a selección), aquí temos, xa, a nosa canción para o Entroido 2015. Só tendes que lle engadir a melodía de Na veira.

Afinade as voces...!



RODAS, A MELLOR PRAIA DE ESPAÑA


A grande Nova da semana.

Contada polos nenos e nenas de 1º A.



 Imaxe: YVAN RAVARY. Playa de Rodas, Islas Cíes, Galicia. En Flickr. CC BY.


miércoles, 4 de febrero de 2015

BÚSCASE POR PIRATERÍA...


... A Benito Soto Aboal.

O dia 19 de Xaneiro pasou unha cousa moi, pero que moi sorprendente no noso cole: apareceron uns carteis pegados nas paredes que ían dende as aulas de Infantil ata a Biblioteca. Ninguén sabía quen os puxera, e non había ningunha pegada... así que non atopamos rastro de quen empapelou o cole con eses carteis. Si que empezabamos ben a semana con semellante misterio! 
Andivemos a comparar si todos os carteis eran iguais. Aínda por enriba, eran diferentes! Algúns tiñan uns cadradiños que non eran nin letras, nin números, nin debuxos. Era un cadrado grande que dentro contiña moitos cadradiños pequeniños.
A cousa ainda se complicaba máis... Ninguén sabía que querian dicir eses símbolos!
Decidimos descifrar as letras e o debuxo do cartel e conseguimos saber que poñía:
BÚSCASE A BENITO SOTO ABOAL POR PIRATERÍA
Ou sexa... que o home que aparecía no cartel chamábase Benito Soto Aboal e alguén o andaba buscando porque era un pirata! Agora xa sabiamos que dicía o cartel pero aínda non conseguiramos ningunha pista para saber o por que daqueles cadrados.
Por casualidade, Abel, que estaba facéndonos fotos, enfocou a cámara do seu móbil enriba dun destes cadrados...e escoitamos un pitido! Estivemos caladiños a ver que era iso, e... de repente... o móbil falou e dixo:
Seguide os carteis ata a biblioteca
Maxia...! Maxia...! O móbil era quen de falar con só pólo enfocando os cadrados!
Estabamos como tolos buscando máis cadrados, a ver que dicían. Abel explicounos que esos cadrados chámanse códigos QR e que aparecen en moitos produtos.
Lemos todos os códigos ata chegar á Biblioteca e alí dentro, do noso cofre dos tesouros, había contos de piratas e un libro moi especial sobre Benito Soto, o último pirata que existíu de verdade. E, ademais... era galego!
Con esta actividade tan motivadora comezou a nosa investigación en Educación Infantil. Todos temos moito entusiasmo e ganas de saber máis cousas sobre os piratas galegos. 
Á abordaxe...! Comezamos unha nova aventura...!



Grazas á nosa corresponsal, a profe Charo, por dar cumprida conta esta nova. 


lunes, 2 de febrero de 2015

HISTORIAS DA RADIO


Unha nova experiencia para compartir. 

Os grandes afeccionados á radio adoitan elixir este medio porque "lles acompaña". Cando un está lonxe, escoitar o seu propio idioma ou as novas da súa terra semella unha ráfaga de aire fresco. Iso deben sentir os mariñeiros da nosa flota pesqueira cando escoitan as emisións en Onda Curta.

O vindeiro día 13 de febreiro celébrase o Día Mundial da Radio. A Asociación Pedagóxica Ponte nas Ondas, cunha grande experiencia no uso pedagóxico da radio na escola, convídanos a participar nesta xornada cunha nova iniciativa: A radio dos nosos maiores. 

Despois da vosa valiosa e xenerosa contribución ás Historias da Emigración, pedimos, novamente, a vosa colaboración. Cal será o voso cometido...? Entrevistar ós vosos avós ou familiares maiores e gravar co móbil as súas respostas sobre: 
      • o seu primeiro aparello de radio; 
      • os seus programas favoritos; 
      • a nova máis sorprendente que escoitaron a través deste medio...
En canto o teñades gravado, achegade os arquivos a

friancinhojones@gmail.com

Pero non vos demoredes, que quedan poucos días. O prazo remata o martes 10 de febreiro

Mans á obra!

LENDO IMAXES


Unha actividade distinta e moi gratificante. 

Hai unhas semanas publicaramos un post con tres viñetas elaboradas por distintos ilustradores gráficos. Formaban parte dun conxunto de obras creadas por artistas de todo o mundo como homenaxe ós debuxantes finados no atentado de Charlie Hebdo.

A profe da Sección Bilingüe de Plástica de 5º de Primaria traballou este tema co seu alumnado, que, probablemente, dentro de moi pouco, nos deleitará con algún traballo propio.

Por su parte, durante a Hora de Ler, varios membros do Equipo de Biblioteca acudimos ás aulas de 6º curso para, entre todos, interpretar o que as imaxes nos suxestionaban.

A verdade é que foron uns vinte minutos moi gratificantes, que chegaron a pouco. Parece incrible como os rapaces só están esperando que alguén "acenda a mecha" para pór a mente a funcionar e producir un "estoupido" de sabiduría.



domingo, 1 de febrero de 2015

ASÍ CELEBRAMOS O NOSO DÍA DA PAZ


Cunha xuntanza familiar e entrañable.

A chuvia impedíu que, como outros anos, nos xuntáramos coas nosas familias no patio do colexio para celebrar o Día da Paz. Así que cambiamos de plans: todo o alumnado e profesorado subimos ó Salón de Actos, e alí disfrutamos dun intre de convivencia curto, sinxelo, entrañable e intenso.




Despois de rematar o mural colaborativo sobre Malala proposto polo Equipo de Convivencia, todos os cursos foron reuníndose no piso superior. Todas e todos engalanados co seu barco no peito, co que lembrabamos a todos os migrantes que, a través do mar, marcharon ou chegaron ás nosas costas.

Comezaron Pablo e Sheila N. (5º de Primaria) lendo as súas fermosas Historias da Emigración. O público estaba atentísimo, porque, seguramente, as palabras destes dous compañeiros rezumaban emoción e afectividade.

E logo... todos xuntos, entonamos a nosa canción: El Inmigrante, de Cotí.

Algúns profes comentaban estes días que a canción era moi difícil. Pero, cando algo entusiasma ós nenos, certamente, non hai dificultade que se lles poña por diante. Resultou espectacular ver como nenos tan pequenos sabían cantar... a canción enteira! E veredes nas fotos que, ó final, tamén tivemos que subir ó escenario ós cativos de 3 anos, que estaban encandilados, bailando sen rubor diante de todo o colexio. Quenes coñecemos as dificultades dalgúns deles non saiamos do noso asombro.

Está claro que a música fai milagres!