Esta tarde, a totalidade do profesorado do noso cole cambiou de ubicación: en lugar de se sentar na mesa do mestre, sentouse na mesa do alumnado. En pequenos grupos, estivemos a coñecer varias apps que nos permiten traballar distintas tipoloxías textuais:
- En Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria co Thinglink;
- En 3º e 4º de Primaria con Snapguide;
- En 5º e 6º de Primaria con Storehouse;
- O profesorado do Departamento de Orientación con Toontastic;
- Os especialistas de Lingua Estranxeira, Educación Física e Relixión con Creappcuentos.
Aínda que o tempo foi escaso, penso que foi unha ocasión de coñecer unha tecnoloxía moi atractiva para o alumnado, empregada cunha finalidade educativa e cunha metodoloxía colaborativa que pretendemos trasladar ó traballo coa rapazada.
Aquí tendes as imaxes da xornada.
Semellaba que, ademais de aprender, tamén o pasaban ben, non si?

No hay comentarios:
Publicar un comentario