GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

lunes, 27 de octubre de 2014

COMEZAMOS A CELEBRAR O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES...



... que durará... unha semana!

Efectivamente. Durante toda esta semana, a totalidade dos grupos achegarase á Biblioteca para descubrir o rumbo da súa investigación para o noso PDI deste curso (Un mar de linguas).

Cos rapaces de Educación Infantil, 3º e 6º de Primaria, a Biblioteca voltou ser o lugar onde quedou varada a nosa barca, cun antigo cofre cargado de tesouros. Unha carta de Frianciño nos informaba sobre a existencia de cinco pistas:
      • un papel vello; 
      • un libro; 
      • un mapa; 
      • un sobre;
      • un detector de tesouros. 
Como non podemos, todavía, desvelar o segredo, dirémosvos que a actividade relacionou o centenario do descubremento dun famoso e fundamental pergamiño da lírica medieval coa lectura de mapas e o uso de tabletas. 

Pícavos a curiosidade...? Pois a final de semana contarémosvos todo máis polo miúdo. Mentras tanto, disfrutade coas imaxes:


No hay comentarios: