GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

lunes, 6 de octubre de 2014

GOOGLE CELEBRA O CENTENARIO DO NACEMENTO DE THOR HEYERDAHL



Cun fermoso doodle. 

Seguramente estaredes a vos facer moitas preguntas que imos ir contestando. 

1. Que é un doodle?

É un divertido cambio que Google introduce no seu logo para conmemorar unha data especial (festividades, aniversarios, vidas de artistas, pioneiros, científicos...). Hoxe sirve para conmemorar o centenario do nacemento de Thor Heyerdahl

2. Quen foi Thor Heyerdahl?

Foi un explorador e biólogo noruegués que realizou fantásticas viaxes coa intención de probar diversas hipóteses sobre colonizacións e desprazamentos desenvolvidos polos habitantes da Antigüidade. 

La Rosa de los Vientos, un famoso espazo radiofónico, adicou un fermoso programa a este investigador cando finou, en 2002. Como podedes ver, a súa biografía resulta fascinante: 





3. Cales foron esas viaxes?

A máis famosa foi a expedición Kon - Tiki, en 1947, dende as costas de Perú ata as illas Tuamotu, nunha balsa construída con troncos e materiais naturais. Esta expedición demostrou que non houbo razóns técnicas que impedirán ós habitantes de Sudamérica chegar ata as illas da Polinesia durante a Prehistoria. 

Esta fantástica aventura foi reproducida no filme Kon - Tiki, merecedor dun óscar: 




Outra das súas expedicións intentou demostrar que os exipcios poideron atravesar o Océano Atlántico e chegar a América en botes de papiro. 

Tamén intentou demostrar que existiron contactos entre as culturas do Val do Indo (en Pakistán) e a de Mesopotamia (nas actuais Irán e Iraq).

4. Que podemos concluír?

Que Thor Heyerdahl foi un digno descendente dese pobo de vikingos que, malia ser recordados nas terras galegas polos seus furtos e devastacións, foron uns grandísimos navegantes e exploradores. Só nunha mente inqueda e aberta poden xurdir pensamentos tan fermosos coma este: 

"Fronteiras? Nunca vin unha. Pero escoitei que existen nas mentes dalgunas persoas."

Como vedes, Thor Heyerdahl ben merece a homenaxe de Google.




No hay comentarios: