GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

jueves, 23 de octubre de 2014

24 de OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES



E todas as escolas celebrámolo con este fantástico cartel do ilustrador David Pintor. 

Como cada ano, a Consellería de Educación e Cultura fainos chegar os carteis conmemorativos deste día. Nesta ocasión,  co lema Biblioteca escolar... Matemático!!! (co que se pretende resaltar o papel da biblioteca como apoio ó desenvolvemento do currículo), o cartel é obra de David Pintor. 

Nós queremos aproveitar esta data tan sinalada para dar o "pistoletazo oficial de saída" ó noso P.D.I. deste curso: Un mar de linguas. Por iso, inda que o día propio colocaremos carteis polo colexio adiante, a nosa celebración estenderase durante toda a vindeira semana. Xa vos contaremos. 

Polo de agora... Feliz e lector Día das Bibliotecas Escolares!

No hay comentarios: