Os mestres bibliotecarios fan horas extra.
Esta tarde reunímonos os centros que participamos o curso pasado na I Quedada Literaria. Coa intención de comezar a preparar a xuntanza deste curso, a cita foi no CEIP O Pombal. Alí reunímonos mestres e mestras do CIFP Manoel Antonio, IES do Castro, CEIP Emilia Pardo Bazán, Ría de Vigo, CEIP Santa Mariña de Redondela... En representación do noso cole asistiron as profes Elisa e Luz.
Como veredes, traballaron arreo. E tamén disfrutaron, que as anfitrionas do Pombal sonvos moi xeitosas e detallistas.

No hay comentarios:
Publicar un comentario