E contituíu un auténtico espectáculo na cidade, pero tamén no colexio. Adrián, de 2º A, tiña moi claro, quince días antes, que o 27 de setembro chegaba a Vigo o barco máis grande do mundo, e que el ía velo. Grazas a isto, descubrimos que Adrián se entera de todo (tamén de quen marca un gol cada vez que hai un partido) porque todos os días le o xornal.
O caso é que poucos (coma min) quedaron no colexio sen ver en vivo e en directo o barco.
Seguro que todos aproveitastes o paseo e o bo tempo para facer unhas fotos estupendas. Convidámosvos a compartilas para elaborar un álbum.
Como hai que facer...?
Seleccionade a vosa foto e dicídelle ós vosos pais que a envíen ó e-mail da nosa Biblioteca:
friancinhojones@gmail.com
Non esquezades escribir o voso nome e curso.
A vosa partipación será recompensada.
Neste post temos as nosas primeiras fotos compartidas. Fíxoas un amigo noso que é biólogo e estaba a facer prospeccións no medio da Ría.
E se non tes fotos, este sábado día 18 poderás tomalas, porque ese día... volta a Vigo o Oasis os the Seas!
Esperamos as vosas imaxes...!




No hay comentarios:
Publicar un comentario