... o Día das Bibliotecas Escolares.
Con moita ilusión, e con ganas de aprender. Unha actividade na que tivemos que ler, que comprender, que investigar, que empregar as novas tecnoloxías...
Todo comezou ás portas da Biblioteca, cun barco, co cartaz conmemorativo do Día das Bibliotecas Escolares, e un enigmático sinal: Rumbo 42º 01' N - 8º 43' W.
Xunto a todo isto, unha carta de Frianciño:
Estas son as pistas que nos anunciaba Frianciño:
- O papel vello:
- O libro:
- O mapa:
- O sobre:
- O detector de tesouros:
Ademais, cada grupo atopou no sobre as súas propias pistas:
- Pistas para 1º curso de Primaria
- Pistas para 2º curso de Primaria
- Pistas para 3º curso de Primaria
- Pistas para 4º curso de Primaria
- Pistas para 5º A
- Pistas para 5º B
- Pistas para 6º A
- Pistas para 6º B
Pero... como organizamos todo isto...?
O rumbo marcado levabanos á Ría de Vigo en todos os casos. O "papel vello" incluía, na súa parte posterior, un código QR. Os máis avispados dos rapaces deduciron axiña que tiñan que empregar o ipad (o "detector de tesouros") para escanear o código. Empregando unha app gratuíta (I-nigma) accedimos á información sobre o Pergamiño Vindel, do que se celebra este ano o centenario do seu descubrimento.
Rapidamente relacionamos esta información, a imaxe do pergamiño e o libro das Cantigas de Martín Códax que contiña o cofre do tesouro.
A continuación tivemos que buscar información sobre a imaxe que contiña o noso tesouro. Para iso empregamos Google Images, e fomos incorporando ó buscador diferentes palabras que podían describir a dita imaxe. Empregabamos para iso o símbolo +.
Unha vez atopada a imaxe, a páxina de referencia nos ofrecía información sobre o pobo ou o acontecemento histórico que cada grupo tería que estudiar ó longo do curso.
Nun pequeno sobre pechado, cada grupo atopou a confirmación gráfica da súa tarefa:
Pasámolo moi ben, pensamos, empregamos as tecnoloxías, e... aprendimos moito!

















.jpg)
















