Hai xa algunhas semanas, plantexamos unha cuestión. E a ti, a que che soa a lingua...?
Despois dun mes tan cargado de actividade, aquí tendes algunhas das respostas dos nosos alumnos e alumnas participantes:
A un pequeno grupo sóalle a música e a poesía:
- A min soame como a voz dunha serea tan hermosa e tan bella coma ela. (Rebeca Alperi Alonso - 5º A)
- Sóame a un poema; un poema interminable de mil versos e un millon de verbas. E cando o oigo estou tan leda que voto bágoas de alegría. (Marta González Rodríguez - 5º A)
- A todos os instrumentos musicais, ata o menos coñecido, soando todos xuntos. (Sara Gutiérrez García - 6º B)
- A min a lingua sóame ás máxicas postas de sol, e coa fantástica música galega. Porque a lingua é moi bonita e importante. (Julio Crespo Fernández - 6º B)
Un gran número relaciónao co canto dos paxaros ó mencer:
- A min sóame ao canto do galo. Cada mañá, un novo galego, cada mañá, un novo agasallo. (Lucas Amoedo Rodríguez - 5º A)
- A min a lingua galega sóame coma o canto dos paxaros ao amencer, co seu precioso trinar. (Ariadna González Ballesteros - 5º A)
- A mín sóame a un montón de paxariños cantando nun fermoso dia de primavera. (Nieves Rodriguez Salvador - 5º A)
- Para mín é un son doce e soave, como o cantar dos paxaros. (Alba Pérez Álvarez - 6º B)
- Eu comparariía o galego co canto do reiseñor axudándolles ós paxareiros que pían o seu cantar. (Gonzalo Agrafojo Delgado - 5º A)
- Aos cantos dos paxaros... porque a lingua é algo que todos temos, e con ela podemos falar a nosa linguaxe ( O Galego). Pois o canto dos paxaros é algo que todos ou case todos os paxaros teñen. E cando cantan co seu pequeno pico a mín gústame moito, igual que cando falamos nós o Galego... gústame moito. (Estevo Rodríguez Gallego - 6º B)
- A mín sóame cando os paxaros cantan, porque é fermoso. (Diego Martínez González - 6º B)
- A mín sóame ós cantos dos paxaros. (Ainhoa Serrano Gonzalez - 6º B)
- Co son dos paxaros pola maña, nun día soleado, cando me ven un raio de sol á cara. E soe tan agradable coma a lingua. (Ángela Alonso González - 6º B)
- Sóame a un campo, co cantar dos paxaros; porque, aínda que estean unha hora asubiando, gústache igual que no primeiro momento. (Brais Martínez Prado - 6º B)
Por último, a lingua soa ó rumor de ondas, mar e auga:
- O galego soáme coma o son do mar nunha noite de frío e chuvia. (Sara López del Castillo Rodríguez - 5º A)
- Sóame a unha fervenza de auga, moi melosa. (Marina Pérez Ponce - 6º B)
- Sóame ó son do mar tranquilo ó amencer. (Alex Rodríguez Fernández - 6º B)
- A mín a lingua sóame coma se fora unha cascada alegre e feliz. Como se estuvera falando coa natureza. (Jean carlo Aldao Cuervo - 6º B)

No hay comentarios:
Publicar un comentario