GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

jueves, 31 de marzo de 2011

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Mañán, día 1 de abril, celebraremos no noso Colexio o Día Internacional do Libro Infantil.

Esta celebración lembra, cada ano, a data do nacemento de Christian Andersen, un dos grandes autores da Literatura Infantil.

A proposta da OEPLI, todo o Centro se reunirá no Salón de Actos para escoitar o Manifesto que, este ano, ten sido redactado pola escritora estoniana Aino Pervik. Titúlase O libro lembra, e incide no carácter documental que teñen os libros costumistas, que nos transmiten o xeito en que se vivía nunha época determinada (a autora céntrase, en concreto, na literatura do século XIX).

Para facer este acto máis levadeiro para a noso alumnado, temos elaborado este vídeo:




Logo, rendiremos unha homenaxe a un escritor galego fundamental na literatura para nenos: Neira Vilas. Este ano celebramos os cincuenta anos da publicación da súa obra máis emblemática: Memorias dun neno labrego. Evidentemente, este libro está moi vencellado ó espírito do Manifesto, xa que nos sitúa nunha época e nun contexto que, na actualidade, a meirande parte de nós descoñece.

Para iso, proxectaremos esta entrevista ó autor, realizada polo C.P.I. dos Dices:




Ademais, durante toda a mañán, representantes da Comunidade Educativa (familias, profesorado e alumnado) leremos Memorias dun neno labrego. Xa vos daremos conta de todo!

martes, 29 de marzo de 2011

O CHÁPIRO VERDE: A NOSA PRIMEIRA LECTURA COMPARTIDA

    

E por fin chegou o día de celebrar a nosa primeira xuntanza de Clubes de Lectura!

Como eramos tantos, organizamos dous grupos. O primeiro (Locos por los libros) reuniuse o pasado xoves día 24 de marzo; o segundo (Libro & Co.), hoxe (29 de marzo).

Acompañáronos nesta experiencia as profes Luz e Montse.

Resultou unha experiencia moi doce e gratificante: os rapaces trouxeron puntualmente os seus libros e as súas libretas con anotacións. E, pouco a pouco, fomos desgranando os segredos do libro elixido: O chápiro verde, de Marilar Aleixandre.

Descubrimos que a fantástica aventura de Fa non era máis que unha viaxe na que aprende a aceptarse a si mesma; a marabillosa influencia da súa avoa, que é quen a introduce no mundo da fantasía, da tradición oral e dos contos; as numerosas referencias a outras historias que temos escoitado dende a nosa nenez; a presenza constante do número 3, que se convirte nun auténtico número máxico...

Deixámosvos aquí estas fotos das sesións.




Para saber máis cousas sobre a autora, podedes buscar neste enlace: 


Tamén podedes atopar aí o seu e-mail, por si queredes facerlle algún comentario. Estou segura de que estará encantada. 

Pero... e que hai do Chápiro...? Ninguén sabe ben o que é. Só atopamos unha pequena explicación nunha páxina chilena:


Sen embargo, a todos nós nos lembrou este personaxe típico da mitoloxía irlandesa. Practicade un pouco de inglés con esta presentación que ten atopado Montse: 







LOLA CONTOUNOS CONTOS



O pasado mércores 23 de marzo Lola estivo a nos contar contos. 

Contounos moi ben tres dos seus contos favoritos. E, ó remate, houbo sorpresa: moedas de chocolate para todos.

Con estas doces lecturas, da gusto!

Grazas, Lola!



POEMAS ARBÓREOS

                                                                                     Page URL:
  Image URL:
Os nosos alumnos e alumnas de 5º B seguen enganchados á poesía, e ás árbores.

Aquí nos presentan este bonito traballo que combiña plástica e poesía. Unha colección de poemas sobre temática arbórea escrito sobre cadansúa árbore.

Grazas!





CONTOS DO BOSQUE


O noso Proxecto deste curso está dando pé a unha morea de actividades. 

Os alumnos e alumnas de 5º B inspiráronse no bosque para escribir estes contos: 



martes, 22 de marzo de 2011

UN VARIADO VENRES DE VIVA VOZ


Chegou o turno de 5º B nos Venres de Viva Voz.

E nos presentaron un programa ben variado, que acompañaron cunhas coidadas presentacións.

Empezaron cunha breve e práctica exposición sobre o rap.
















Seguiron cunha pequena presentación de tres árbores autóctonas de Galicia.








E remataron falando de Medusa, ese sinistro personaxe da Mitoloxía Grega.
Antes do vídeo, vos deixamos coa presentación que elaboraron para acompañar a súa explicación:








sábado, 19 de marzo de 2011

OS NOSOS CALIGRAMAS DO DÍA DA POESÍA

Este curso, a nosa proposta para celebrar o Día da Poesía foi moi natural. 

En efecto. Porque, como tamén o 21 de marzo celebramos o Día da Árbore, decidimos propór a elaboración de caligramas relacionados co noso Proxecto Documental Integrado: Un bosque para ler e navegar. Podedes refrescar todo isto neste enlace

Temos que felicitar a todo o profesorado e alumnado do Centro, porque observamos moitísima ilusión á hora de abordar o traballo. E porque os resultados nos parecen altamente satisfactorios. 

Noraboa a todos e a todas!

Agora vos deixamos coa escolma de traballos:

Estos son os carteis (de Educación Infantil, 1º A e 4º de Primaria) que decoraron os corridores:



Aquí tendes o traballo colectivo realizado polos alumnos e alumnas de 1º B de Primaria: 


Este é o cartel dos nenos e nenas de 2º A: 



Aquí tendes os caligramas dos nenos e nenas de 2º B de Primaria



Estes son os poemas dos nenos e nenas do 3º curso de Primaria: 






Estes son os traballos dos rapaces e rapazas de 5º A de Primaria









E estes, os de 5º B



Estes son os traballos de 6º A:





E, por último, aquí vos presentamos os traballos dos alumnos e alumnas de 6º B: 




A CERDEIRA, NAS NOTICIAS DE 1º B


                                                                                   Page URL:
Image URL:


Os nenos e nenas de 1º B preséntannos o Noticieiro Ecolóxico desta semana.


Como veredes, teñen descuberto moitas cousas sobre a cerdeira, e nos dan algúns consellos para o seu coidado.




jueves, 17 de marzo de 2011

EN MARZO COÑECEMOS A ERIC CARLE


Eric Carle é un dos ilustradores favoritos do noso alumnado de Educación Infantil. Pero... que sabemos del?

Eric Carle naceu en Syracusa (Nova Iorque) en 1929. Os seus pais chegaran ós Estados Unidos como emigrantes, dende Alemaña. A morriña fixo que, ós seis anos, Eric voltara a Stuttgard coa súa familia.

O regreso a Alemaña marcará a súa vida. O seu pai e os seus mestres oriéntano hacia o debuxo e a arte. Grazas a eles, inicia estudios artísticos nunha das máis prestixiosas academias do país.

Sen embargo, a infancia de Eric Carle non foi, nen moito menos, feliz. Durante a Segunda Guerra Mundial (1939 - 1945) o seu pai foi reclutado polo Exército alemán. E logo, foi feito prisioneiro polos rusos. Permaneceu nesta situación durante oitos anos.

Mentras tanto, o propio Eric foi obrigado a cavar trincheiras tras a primeira liña de fogo.

Tal vez por iso, en canto puido, Eric Carle marchou, novamente, ós Estados Unicos. Era o ano 1952. Sen embargo, perseguíao a guerra: o Exército dos Estados Unidos reclutouno para participar na Guerra de Corea.

A pesar da súa formación, a chegada de Eric Carle á ilustración foi accidental, coma no caso de Leo Lionni. Durante varios anos, adicouse ó diseño gráfico en varios xornais. Pero, afortunadamente, un mestre se cruzou no seu camiño. Este mestre quedara moi impresionado por un anuncio creado por Eric. Así que lle pediu que ilustrara un conto da súa autoría.

Deste xeito tan curioso, Eric Carle entrou en contacto co mundo infantil e coa ilustración para nenos.

Os álbumes ilustrados de Eric Carle son facilmente identificables:
  • o fondo das ilustracións é branco; 
  • o colorido das ilustracións é moi impactante (quizás como contrapartida a toda a "negrura" que vivira durante a guerra); 
  • as ilustracións son recortes de papel montados en forma de collage e pintados, prioritariamente, con ceras;
  • as formas son claras e perfiladas;
  • os formatos dos álbumes son moi orixinais: inclúen perforacións, troquelados, despregabres, sons, transparencias...
  • ademais de narrarnos unha historia, os álbumes de Eric Carle tratan sempre de nos aprender algo: os números, os días da semana, os nomes da froita, as cores, os hábitos saudables...
  • outra das preferencias de Eric Carle é a de incluír nas súas obras pequenos animaliños como protagonistas. O seu amor pola Natureza (aprendido do seu pai) faille reparar en animais inusuais ou pouco agraciados. Quizás tamén aquí nos quera aprender algo: a ver a Natureza dende unha perspectiva nova. 
Os álbumes ilustrados de Eric Carle están traducidos a unha infinidade de idiomas. Hoxe propómosvos a lectura de A pequena eiruga larpeira e Papá, por favor, achégame a lúa. 



Despois de os ler na Biblioteca, e de votar o voso favorito (tendo en conta todo o que vos acabamos de contar), invitámosvos a disfrutar destes vídeos: 

A versión dos nosos alumnos e alumnas de 5 anos sobre A eiruga larpeira


E esta versión en inglés de Papá, por favor, achégame a lúa:


Para rematar, déixovos con este enlace á páxina web oficial de Eric Carle. Aínda que está en Inglés, podedes atopar algunhas cousas de moitísimo interés que seguro que sodes quen de entender: o autor creando, lendo ou falando dalgunhas das súas obras.




miércoles, 16 de marzo de 2011

23 de marzo: DÍA MUNDIAL DA AUGA


O día 23 de marzo celebramos o Día Mundial da Auga.

A auga é un ben escaso, que temos a obriga de coidar e protexer, para que os nosos bosques (os bosques que estudiamos este curso no noso Proxecto Documental Integrado) sigan a ser verdes e frondosos.

Queremos vencellar esta data coa do Día Internacional dos Dereitos do Consumidor, que festexamos o pasado martes día 15 de marzo. Porque, como consumidores, tamén temos que adquirir bos hábitos no consumo e no uso da auga.

Coñeces o Ciclo da Auga?




Reflexiona sobre a importancia da auga con esta presentación: 



A continuación, presentámosvos tres documentos para que recollades algúns consellos para ser responsables no uso da auga. Propóñovos que fagades unha relación ben clara e que os poñades en práctica. 






A auga é moi importante para a nosa vida, e para a vida do noso Planeta. Ben merece unha canción!

Esta preciosa melodía, titulada Planeta Auga, foi composta por Guilherme Arantes, e adaptada ó español por Víctor Manuel. Canta Ana Belén




Disfrutade da vida! Disfrutade da auga! Conservádea!



martes, 15 de marzo de 2011

NOTICIEIRO ECOLÓXICO: RECICLANDO EN EDUCACIÓN INFANTIL


Os nenos e nenas de 4 anos A achégannos a súa reportaxe sobre como reciclaron os vasos de iogurte. 

É o seu traballo para o Noticieiro Ecolóxico.

Aquí tendes as fotos, paso a paso, de como os vasos de refugallo das súas merendas acabaron convertidos nunhas bonitas caixiñas para gardar doces.





DISFRUTA DA NATUREZA

Free Stock Photo - Snail in the nature
© Photographer: | Agency: Dreamstime.com
http://www.dreamstime.com/free-stock-photo-snail-in-the-nature-rimagefree761445-resi3215543


Un bonito vídeo moi acorde co tema do noso Proxecto Documental Integrado. 

Este precioso vídeo, para disfrutar da Música e da Natureza, tamén llo debemos a Ana I. Disfrutádeo por partida dobre!







OS HÁBITOS ADQUÍRENSE. VISITA A BIBLIOTECA.



Un magnífico anuncio que lembra aquela estupenda campaña de Se ti les, eles len.

Enviouma a miña amiga Ana I., tan atenta ó que me interesa, e deixovolo para vós, para que o disfrutedes e o tomedes en conta.




domingo, 13 de marzo de 2011

21 de marzo: DÍA DA POESÍA, E...

Chega outra vez esta data tan sinalada e tan chea de festexos. 

O 21 de marzo celebramos a chegada da Primavera; pero tamén o Día da Poesía, e o Día da Árbore.

Se esta data sempre é importante para a nosa Biblioteca, este curso, aínda con máis motivo. Como lembraredes, o noso Proxecto Documental Integrado titúlase Un bosque para ler e navegar, e toma como centro de interese o Ano Internacional dos Bosques.

Por tales razóns, a nosa proposta de traballo para esta data pretende enlazar ambas as dúas celebracións. Así, intentaremos escribir caligramas que teñan unha temática relacionada coas árbores e a Natureza.

Moi ben o expresa a profe Luz, que nos ten achegado esta imaxe:


Aquí vos deixo a nosa proposta de traballo para esta data: 


Agardamos con ganas todos os vosos poemas!

Deixovos con outro exemplo de poema visual que nos achegou, novamente, Luz: 


Feliz 21 de marzo... Día de tantas cousas fermosas...!




sábado, 12 de marzo de 2011

O ENTROIDO DE FRIAN, NOS MEDIOS


As novas sobre o noso Entroido perduran, aínda que este xa teña rematado hai unha semana.

No Xornal Escolar do Atlántico Diario desta semana poidemos ler unha reportaxe acompañada de vistosas fotos:




Por outra banda, na páxina web do Colexio estanse a publicar os vídeos deste evento que tanto nos gusta. Así que... se tendes tempo e ganas, botádelle unha ollada neste enlace.


O QUE SABEMOS DA OLIVEIRA


Este curso estamos a coñecer as árbores autóctonas dos bosques de Galicia.

A primeira sesión de Educación Documental consistiu en investigar sobre a oliveira. Cada ciclo recibiu unha proposta de traballo. Hoxe vos presentamos o resultado.

No Primeiro Ciclo propúxose traballar a partir deste enlace.

Xa vistes, nun post anterior, como investigaron no xardín os nenos e nenas de 1º A. Logo, confeccionaron este bonito mural.



Este é o traballo da aula de 1º B:





A proposta de traballo para o Segundo Ciclo podedes refrescala neste enlace.

Neste enlace atoparedes é a ficha que cubriron os nenos e nenas de 3º A:

E aquí tendes algúns dos traballos dos nenos e nenas de 3º B:



Os de 4º B cumplimentaron estas fichas "técnicas"





No Terceiro Ciclo traballaron sobre a relación das árbores e as divinidades da mitoloxía grega e celta. Lembrade a proposta de investigación neste enlace.

Aquí tendes os traballos dos alumnos e alumnas de 6º B. Ademais de plasmar que teñen investigado e chegado ó resultado esperado, demostran que son moi competentes no uso das Novas Tecnoloxías:






miércoles, 9 de marzo de 2011

LÚA DE SENEGAL: A PELÍCULA

Despois dun tempo máis ben longo, achegámosvos a película que, o curso pasado gravaron os rapaces e rapazas de 5º B.

Despois de ler Lúa de Senegal, a novela de Agustín Fernández Paz, os rapaces crearon un guión. Logo, prepararon esta película (eles mesmos foron os actores, os directores de escena, os decoradores, os cámaras...). Sempre orientados polas súas mestras, Celsa e Paula.

Seguramente é pouco "profesional", e, sen dúbida, podería mellorarse. Pero está feita con moitísimo agarimo e adicación. Ben merecen que sexamos complacentes!

Esta é a primeira versión da película; nunha segunda versión (da que temos perdido o material)  reducimos o tempo e introducimos algunhas melloras.

Esperemos que saibades valorala na súa xusta medida!





domingo, 6 de marzo de 2011

8 de MARZO 2011: DÍA DA MULLER TRABALLADORA




Este 8 de marzo de 2011 celebramos un Día da Muller Traballadora moi especial.

Hai varias razóns para afirmar isto:

  • Celebramos o primeiro Centenario do Día da Muller Traballadora. O primeiro Día Internacional da Muller Traballadora celebrouse o 19 de marzo de 2011 en Alemaña, Austria, Dinamarca e Suiza, coa celebración de mítines ós que asistiron máis de un millón de persoas, e nos que se reclamaba o dereito das mulleres a votar e a ocupar cargos públicos, o dereito ó traballo, á formación profesional e á non discriminación laboral. Moito tivo que ver neste recoñecemento a alemana Clara Zetkin.

  • Este ano tamén celebramos o 80 aniversario do voto feminino en España, para a consecución do cal foi clave a figura de Clara Campoamor. Con tal motivo, a Fábrica da Moeda o do Timbre ten presentado unha moeda conmemorativa

  • Asimesmo, vimos de conmemorar os 90 anos do naufraxio do vapor Santa Isabel, na Illa de Sálvora. Tres humildes rapaciñas conqueriron, nunha tremenda noite de tormenta, salvar a 15 persoas, nunha fazaña que ten lembrado estes días o Faro de Vigo

  • Este ano 2011 celebramos o Ano Internacional dos Bosques. Tamén o Ano Internacional do Alzheimer, e o Ano Internacional da Química

                                                                                                                   


E se falamos de Química é inevitable citar a Marie Curie. Coñece a súa vida neste vídeo:



    Na nosa Biblioteca temos seleccionado algunhas propostas de lectura para conmemorar esta data tan importante para todos e para todas. Botádelle unha ollada, e... sede os primeiros en lelos!


    Mentras vos decidides, podedes empezar a ler Mujeres admirables nesta dirección:


    E nestoutra, as primeiras páxinas de Mi primer libro sobre Ellas:

    Videos tu.tv

    Shelfari: Book reviews on your book blog














































    sábado, 5 de marzo de 2011

    CHEGOU O ENTROIDO!

    E as rúas próximas convertíronse nun bosque.

    Porque, como en anos precedentes, todo o Cole disfrazouse segundo o tema do noso Proxecto Documental Integrado: Un bosque para ler e navegar. 

    Así, o patio do colexio e as rúas do barrio enchéronse de colorido. E de trasnos, flores, piñeiros, cogumelos, bruxas... e algún que outro osiño.

    Como podedes ver, foi un día de ledicia e cor, no que estivemos acompañados polas nosas familias, por antigos compañeiros, e polo agarimo do vecindario.

    Despois de descansar na praza do Centro Comercial Carrefour, voltamos ó Colexio, onde queimamos o Meco e cantamos a nosa canción do Entroido: O verde mola!



    FRÉDERICK, ÁLBUM ILUSTRADO DE FEBREIRO


    O noso alumnado leu durante febreiro Nadarín e Fréderick, e outorgou a "victoria" ó segundo.

    Ler ambos os dous álbumes resultou moi entusiasmante para todos. Nalgunha ocasión, incluso se escoitaron aprausos espontáneos. Aquí tendes ós alumnos e alumnas de 6º B en plena sesión:




    A victoria de Fréderick, sen embargo, foi moi estreita. E, a pesar da "derrota", Nadarín deu moito xogo a profesorado e alumnado á hora de propór diversas actividades manuais.



    Estos son os debuxos que realizaron os nenos e nenas de 2º B de Primaria:



    Aquí tendes o proceso de estampación que, inspirándose en Nadarín, levaron a cabo os nenos e nenas de 4º B.




    E aquí, as ilustracións que fixeron os de 5º B.




    Grazas a todos polo voso entusiasmo, e, sobre todo, ás profes Luz e Ana, por ser tan sensibles á arte e á beleza. 

    jueves, 3 de marzo de 2011

    OBRADOIRO DE MAQUILLAXE


    http://recursostic.educacion.es/bancoimagenes/web/


    Na Biblioteca estamos a preparar o Entroido con moita seriedade.

    Por iso, este mércores, durante as Tardes de Conto, acabou poboada de personaxes de conto: tigres, lindas gatitas, bolboretas, draculines...

    Din as "malas linguas" (e tamén as fotos) que a Biblioteca estivo abarrotada, e que Marisol e as nais acompañantes (as de Antón, Valentina, Paula, Ruth e Eva) tiveron un montón de "clientes".

    Mirade o ben que o pasaron!