Estes días estamos a nos preparar para celebrar o Día Escolar pola Paz. Temos escoitado que a oliveira é a árbore da Paz, pero... por que se di iso...?
Aproveitaremos esta celebración para estudiar a oliveira dende diversas perspectivas. Comenzamos, así, as Actividades de Formación Documental para o noso Proxecto deste curso: Un bosque para ler e navegar.
No Primeiro Ciclo aproveitaremos para coñecer as árbores do patio do Colexio.

No hay comentarios:
Publicar un comentario