Despois dun tempo máis ben longo, achegámosvos a película que, o curso pasado gravaron os rapaces e rapazas de 5º B.
Despois de ler Lúa de Senegal, a novela de Agustín Fernández Paz, os rapaces crearon un guión. Logo, prepararon esta película (eles mesmos foron os actores, os directores de escena, os decoradores, os cámaras...). Sempre orientados polas súas mestras, Celsa e Paula.
Seguramente é pouco "profesional", e, sen dúbida, podería mellorarse. Pero está feita con moitísimo agarimo e adicación. Ben merecen que sexamos complacentes!
Esta é a primeira versión da película; nunha segunda versión (da que temos perdido o material) reducimos o tempo e introducimos algunhas melloras.
Esperemos que saibades valorala na súa xusta medida!

No hay comentarios:
Publicar un comentario