Como eramos tantos, organizamos dous grupos. O primeiro (Locos por los libros) reuniuse o pasado xoves día 24 de marzo; o segundo (Libro & Co.), hoxe (29 de marzo).
Acompañáronos nesta experiencia as profes Luz e Montse.
Resultou unha experiencia moi doce e gratificante: os rapaces trouxeron puntualmente os seus libros e as súas libretas con anotacións. E, pouco a pouco, fomos desgranando os segredos do libro elixido: O chápiro verde, de Marilar Aleixandre.
Descubrimos que a fantástica aventura de Fa non era máis que unha viaxe na que aprende a aceptarse a si mesma; a marabillosa influencia da súa avoa, que é quen a introduce no mundo da fantasía, da tradición oral e dos contos; as numerosas referencias a outras historias que temos escoitado dende a nosa nenez; a presenza constante do número 3, que se convirte nun auténtico número máxico...
Deixámosvos aquí estas fotos das sesións.
Para saber máis cousas sobre a autora, podedes buscar neste enlace:
Tamén podedes atopar aí o seu e-mail, por si queredes facerlle algún comentario. Estou segura de que estará encantada.
Pero... e que hai do Chápiro...? Ninguén sabe ben o que é. Só atopamos unha pequena explicación nunha páxina chilena:
Sen embargo, a todos nós nos lembrou este personaxe típico da mitoloxía irlandesa. Practicade un pouco de inglés con esta presentación que ten atopado Montse:
Sen embargo, a todos nós nos lembrou este personaxe típico da mitoloxía irlandesa. Practicade un pouco de inglés con esta presentación que ten atopado Montse:


No hay comentarios:
Publicar un comentario