GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

domingo, 13 de marzo de 2011

21 de marzo: DÍA DA POESÍA, E...

Chega outra vez esta data tan sinalada e tan chea de festexos. 

O 21 de marzo celebramos a chegada da Primavera; pero tamén o Día da Poesía, e o Día da Árbore.

Se esta data sempre é importante para a nosa Biblioteca, este curso, aínda con máis motivo. Como lembraredes, o noso Proxecto Documental Integrado titúlase Un bosque para ler e navegar, e toma como centro de interese o Ano Internacional dos Bosques.

Por tales razóns, a nosa proposta de traballo para esta data pretende enlazar ambas as dúas celebracións. Así, intentaremos escribir caligramas que teñan unha temática relacionada coas árbores e a Natureza.

Moi ben o expresa a profe Luz, que nos ten achegado esta imaxe:


Aquí vos deixo a nosa proposta de traballo para esta data: 


Agardamos con ganas todos os vosos poemas!

Deixovos con outro exemplo de poema visual que nos achegou, novamente, Luz: 


Feliz 21 de marzo... Día de tantas cousas fermosas...!




No hay comentarios: