Eric Carle naceu en Syracusa (Nova Iorque) en 1929. Os seus pais chegaran ós Estados Unidos como emigrantes, dende Alemaña. A morriña fixo que, ós seis anos, Eric voltara a Stuttgard coa súa familia.
O regreso a Alemaña marcará a súa vida. O seu pai e os seus mestres oriéntano hacia o debuxo e a arte. Grazas a eles, inicia estudios artísticos nunha das máis prestixiosas academias do país.
Sen embargo, a infancia de Eric Carle non foi, nen moito menos, feliz. Durante a Segunda Guerra Mundial (1939 - 1945) o seu pai foi reclutado polo Exército alemán. E logo, foi feito prisioneiro polos rusos. Permaneceu nesta situación durante oitos anos.
Mentras tanto, o propio Eric foi obrigado a cavar trincheiras tras a primeira liña de fogo.
Tal vez por iso, en canto puido, Eric Carle marchou, novamente, ós Estados Unicos. Era o ano 1952. Sen embargo, perseguíao a guerra: o Exército dos Estados Unidos reclutouno para participar na Guerra de Corea.
A pesar da súa formación, a chegada de Eric Carle á ilustración foi accidental, coma no caso de Leo Lionni. Durante varios anos, adicouse ó diseño gráfico en varios xornais. Pero, afortunadamente, un mestre se cruzou no seu camiño. Este mestre quedara moi impresionado por un anuncio creado por Eric. Así que lle pediu que ilustrara un conto da súa autoría.
Deste xeito tan curioso, Eric Carle entrou en contacto co mundo infantil e coa ilustración para nenos.
Os álbumes ilustrados de Eric Carle son facilmente identificables:
- o fondo das ilustracións é branco;
- o colorido das ilustracións é moi impactante (quizás como contrapartida a toda a "negrura" que vivira durante a guerra);
- as ilustracións son recortes de papel montados en forma de collage e pintados, prioritariamente, con ceras;
- as formas son claras e perfiladas;
- os formatos dos álbumes son moi orixinais: inclúen perforacións, troquelados, despregabres, sons, transparencias...
- ademais de narrarnos unha historia, os álbumes de Eric Carle tratan sempre de nos aprender algo: os números, os días da semana, os nomes da froita, as cores, os hábitos saudables...
- outra das preferencias de Eric Carle é a de incluír nas súas obras pequenos animaliños como protagonistas. O seu amor pola Natureza (aprendido do seu pai) faille reparar en animais inusuais ou pouco agraciados. Quizás tamén aquí nos quera aprender algo: a ver a Natureza dende unha perspectiva nova.
Os álbumes ilustrados de Eric Carle están traducidos a unha infinidade de idiomas. Hoxe propómosvos a lectura de A pequena eiruga larpeira e Papá, por favor, achégame a lúa.
Despois de os ler na Biblioteca, e de votar o voso favorito (tendo en conta todo o que vos acabamos de contar), invitámosvos a disfrutar destes vídeos:
A versión dos nosos alumnos e alumnas de 5 anos sobre A eiruga larpeira:
E esta versión en inglés de Papá, por favor, achégame a lúa:
Para rematar, déixovos con este enlace á páxina web oficial de Eric Carle. Aínda que está en Inglés, podedes atopar algunhas cousas de moitísimo interés que seguro que sodes quen de entender: o autor creando, lendo ou falando dalgunhas das súas obras.



No hay comentarios:
Publicar un comentario