Estiveron de "mestras de ceremonias" Marisol, Irene e Rocío. Marisol contounos un conto con rimas. Irene aproveitou para recitar Adiós ríos, adiós fontes, o poema de Rosalía que están aprendendo os nenos da súa clase. E Rocío tamén fixo os seus piniños.
Logo, todos os asistentes xogamos a construír rimas, pareados e ás adiviñas. Pasámolo moi ben.
Grazas ás profes Elisa e Luz pola reportaxe.

No hay comentarios:
Publicar un comentario