GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

viernes, 1 de julio de 2016

TODA UNHA VIDA...



... en nove anos de expedición.

Hai nove anos comezamos unha andaina moi ilusionante no noso cole. Os alumnos que este curso remataron 6º de Primaria eran uns cativiños de 3 anos que iniciaban a súa vida escolar. E, todos xuntos, puxémonos a camiñar.


Unha andaina longa, cos seus altos e os seus baixos. Ás veces, as pernas corrían por sendeiros rectos; outras, quedabamos un pouco rezagados porque o bosque facía que o camiño adquirira formas caprichosas, porque o terreo era máis agreste, ou porque a marexada arreciaba contra a nosa barca. Pero, cando á fin podemos ver a meta... damos saltos de alegría, e dicímonos: o esforzo pagou a pena!



E para reafirmarnos nesa idea, aí temos a nosa memoria histórica. Estas son as palabras que o noso director por aquel entonces, Alfonso Guitián, deixou escritas para a historia no noso grande libro de proxectos:


E estas son as que dous daqueles primeiros expedicionarios (Sheila e Xoan) deixaron escritas despois de acadar a meta: 


Como non se sentir orgulloso con estes acompañantes?


No hay comentarios: