A Tarde de Contos do pasado día 15 de maio estivo protagonizada por esta familia. Comezou Mario (2º de Primaria) contando Siempre te querré. Logo, Carmen (Educación Infantil 4 anos), coa axuda de Teresa, contou Y se lleva a los niños que comen poco. Unha historia que seguro que lles resulta coñecida a moitos cativos que, como o protagonista, só queren comer un tipo de comida (xa sexan sandwiches de queixo, ou ovos fritidos).
Este conto deu pé a unha interesante conversa, na que todos os participantes acabaron falando sobre a cantidade de alimentos interesantes que podemos comer.
E xa que se achegaba a hora de merendar... que mellor actividade que "dárlle á mandíbula", iso si, en forma de xogo. As nais encargadas da actividade prepararon unha cunca con seis clases diferentes de froita. Os nenos, cos ollos tapados, debían probar unha e recoñecela. Así paladeamos mazá, plátano, mango, framboesa, amora e melón. Non todos recoñeceron a súa froita, nin a todo o mundo lle entusiasmou. Pero iso si... ó final, non quedou nin a proba...!
Esta si que foi unha saudable (e doce) sesión. Moitas grazas!

No hay comentarios:
Publicar un comentario