GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

martes, 31 de mayo de 2016

O FALSO ESPELLO


De René Margritte.

Como colofón do noso PDI, reproducimos e comentamos cadros nos que estean moi presentes as formas xeométricas. Nesta ocasión, o alumnado de 5º A reinterpreta O falso espello, de Margritte.

lunes, 30 de mayo de 2016

O HORÓSCOPO CHINÉS



Co alumnado de 2º B. 

O currículo de Matemáticas de 2º curso de Primaria inclúe a medida do tempo. Por tal motivo, o grupo de 2º B decidíu investigar sobre o horóscopo chinés. Aquí tendes a súa exposición oral. 



APRENDENDO A LER LINGUAXE COMPUTACIONAL




Repasamos as táboas de multiplicar?

Nos últimos tempos o mundo do Scratch está abrindo perspectivas moi interesantes na Educación, non só polas motivadoras actividades que se poden xerar, senón tamén polas posibilidades de organizar o pensamento como paso previo á xeración das mesmas.

Xa que estamos cun proxecto sobre as matemáticas, ofrézovos esta ferramenta que temos creado con Scratch para que os vosos alumnos repasen a táboa de multiplicar.



Resultouvos gratificante a experiencia? Podedes contárnolo nun comentario. Grazas. 

domingo, 29 de mayo de 2016

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DIXITAL


Elixindo a imaxe para o noso Día da Feira.

Como saberedes, o vindeiro martes 7 xuño (se o tempo o permite) celebraremos a Feira Fin de Proxecto. E, como xa ven sendo tradicional, as familias participades con imaxes para elixir o cartel deste día. Sen embargo, este curso, dado que estivestes a investigar sobre imaxes matemáticas, imos introducir unha variante. Das imaxes enviadas durante o curso, o Equipo de Biblioteca ten feito unha selección entre as que elixiremos a que máis nos guste para plasmar no cartel.

Para colaborar connosco, seguide este proceso:
  1.  Visualiza as fotos seleccionadas no seguinte enlace:  https://picasaweb.google.com/108810591955618978279/6290052710502872865?authkey=Gv1sRgCJjShfzLlcGSXg#slideshow/6290052712700024754
  2. Despois de visualizalas, elixe a que máis che gusta. Fíxate no número escrito debaixo (Foto x). 
  3. Agora, entra no seguinte cuestionario e pica o número que corresponde á foto que che gusta
  4. Cando remates, non esquezas premer no botón ENVIAR para que a resposta quede  gravada. 
Non te demores! Tes de prazo ata o sábado 4 de xuño.





sábado, 28 de mayo de 2016

ENTREGA DE PREMIOS


Do Concurso de Recitado.

Hai xa algúns meses, co gallo do Día da Poesía, celebraramos un Concurso de Recitado sobre poemas de Os soños na gaiola, de Manuel María. Tras a valoración dos membros do Equipo de Biblioteca, resultaron gañadores:
      • os tres grupos de alumnos e alumnas de 4º A, nas interpretacións colectivas
      • Alba Ramallo (5º A) nas interpretacións individuais
Todos os participantes recibiron o seu diploma e doces; e os gañadores, un agasallo especial. Aquí os vedes a todos, posando moi orgullosos. 


jueves, 26 de mayo de 2016

ACTIVANDO A MENTE DE XEITO CREATIVO


A derradeira proposta deste curso. 

Durante o presente curso estivemos incentivando a participación do alumnado mediante propostas matemáticas de diversa índole. A participación resultou moi elevada a partir de 4º curso de Primaria, e os rapaces mostrábanse ilusionados e motivados.

Achegándonos ó remate deste curso, a última proposta foi creativa:

Fíxate na silueta. Que cres que representará? Todas as respostas serán válidas, sempre que sexan simétricas


Estas foron as respostas que nos deron os alumnos e alumnas participantes. Algunhas delas, como podedes comprobar, moi orixinais:




Pero a silueta non é unha invención nosa. Tamén é unha análise matemática da realidade. Copiamos a idea o pasado verán, nas rúas de Turín, onde unha mostra reflectía o enxeño de varios artistas para recrear a silueta dunha da iconas da cidade: a cúpula da Mole Antonelliana, onde está instalado o Museo da Cinematografía




Como vedes, a Mole é toda unha mostra matemática, pola súa superposición de formas xeométricas e pola súa magnífica simetría.

Imaxe: LEONARDO PIRES. Torino and Mole Antonelliana from Villa della Regina. en Flickr. CC BY

miércoles, 25 de mayo de 2016

MATEMÁTICAS DO DÍA A DÍA


Con Pablo e Frianciño. 

Despois de pasar todo o curso de familia en familia, Frianciño botaba de menos tanta actividade. Así que, esta fin de semana, marchou de novo, nesta ocasión, a casa de Pablo (6º A). O seu anfitrión decidíu mostrarlle a súa cotidianeidade. E... sorprendente! As matemáticas sempre están aí.

Estas son as palabras de Pablo:

Esta é unha das porterías do parque do meu barrio (mide 2m de alto e 3m de longo). Non é o mellor parque do mundo pero é onde mellor o paso cos meus amigos. Aquí son feliz. Encántame xogar ao fútbol.


Ás veces, sobre todo no inverno cando chove e non se pode saír fora, paso o tempo cos meus pais e a miña avoa xogando con xogos de mesa como o parchís, as cartas, etc.



Grazas, Pablo! Grazas a ti, Frianciño tamén está empezando a se dar conta de que, sen saír da Biblioteca, tamén pode atopar un mundo matemático. 

lunes, 23 de mayo de 2016

FALANDO SOBRE ÁNGULOS E PORCENTAXES


Co alumnado de 6º B.

Despois de investigar sobre o tema, os nenos e nenas de 6º B expoñen o seu traballo sobre ángulos, porcentaxes e proporcións.

LENDO E COMPARTINDO EN CASTRELOS


Na Quedada Literaria deste curso.

A pesares da climatoloxía, hoxe poidemos nos reunir, por fin, no Parque de Castrelos para disfrutar da lectura en galego. Alí estivemos os CEIP Frian - Teis, O Pombal, Carrasqueira, Ría de Vigo, Emilia Pardo Bazán, e os centros incorporados este curso: CEIP Eduardo Pondal, CEIP A Doblada, CEP Fleming, e CPI da Ribeira (O Porriño). Foi unha ledicia atoparnos tamén cun grupo de ex-alumnas do IES República Oriental do Uruguai que participan no clube de lectura e que tiveron un papel importante nas contadas para os máis cativos.

Foron tres horas de compartir lecturas, merenda e cantos nun entorno único. No noso cole tivemos un achegamento especial co alumnado de 2º de Primaria do CEIP A Carrasqueira e cos nosos veciños do CEIP Eduardo Pondal. Un dos alumnos deste último centro agasallounos cun teatriño espectacular confeccionado por el e pola súa nai.

Para rematar a xornada, os marabillosos contos de Bea Campos e Davide González, as palabras da Concelleira de Cultura, Uxía Blanco, e a canción que xa se está a convertir no noso himno: O libro máxico, de Migallas.

Todo isto foi posible grazas á coordinación do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo (capitaneado por Marta Souto), da Biblioteca de Proximidade Xosé Neira Vilas (con Anxo Alberte, o seu director, á cabeza) e de Antonio Fernández (IES Carlos Casares) e á colaboración dos mestres e mestras dos centros participantes. Grazas, pois pola súa imprescindible laboura!





Mágoa que o tempo transcurra tan cedo e que teñamos que voltar á rutina diaria tan axiña. Haberá que empezar a preparar xa a IV Quedada!

domingo, 22 de mayo de 2016

EXPLICANDO AS ÁREAS E PERÍMETROS


Co alumnado de 6º A.

Os rapaces e rapazas de 6º A estiveron a traballar este curso sobre as áreas e perímetros. Aquí vos deixamos a súa exposición oral.


PREPARANDO UNHA NOVA QUEDADA


Mañán, luns día 23 de maio.

Xa todos e todas coas lecturas, as camisetas e as gorras preparadas. Só falta que o sol, finalmente, nos acompañe, e que a choiva non estrague a nosa estancia. Coma sempre, o díptico puntual, preparado polo noso compañeiro Antonio Fernández (IES Carlos Casares). Para ir abrindo boca.



Imaxe: JUANTIAGUESVigo-Castrelos22. En Wikimedia Commons. CC BY SA.

sábado, 21 de mayo de 2016

FALANDO DE MANUEL MARÍA


Con Emilio López Pérez, grande amigo do poeta.

Hai alguhas semanas, Aine (a nosa alumna de 6º B) contounos que o seu tío coñecera a Manuel María. Aine e a súa compañeira Sheila demostraran en anteriores ocasións que son unhas grandes conversadoras e entrevistadoras, así que lles propuxemos que fixeran unha nova entrevista ó tío para achegarnos ó lado máis humano do poeta.

A nosa sorpresa foi que nos atopamos cun home dunha gran calidade humana, cunha longa traxectoria, grandes vivencias e unha personalidade irresistible para quen Manuel María fora non só unha alma xemelga, senón tamén un irmán maior e un pai intelectual. Grazas ás palabras de Emilio conseguimos achegarnos  a Manuel María dende o punto de vista humano, e descubrir a unha persoa boa, sinxela, comprometida coa terra, coa lingua, coa paz, cun apetito e unha inquietude intelectuais que facían del un sabio, un artista da palabra que dominaba todos os xéneros literarios, un gran observador da realidade que era quen de construír, a partir do obxecto máis cotiá e humilde, a máis fermosa composición literaria.



Grazas, Emilio, por facer bailar bolboretas na nosa alma!







viernes, 20 de mayo de 2016

DIANA, A RÁ


Con Noa como contadora.

O pasado martes día 10, a encargada da contada na nosa Tarde de Contos foi Noa (4º A), con Diana la rana. ¿Qué has visto, nubecita?

O atento público participou logo nun obradoiro dominado polas rás e a cor verde (non podía ser doutro xeito). Aquí vos deixamos con algunas imaxes da xornada.




Grazas, Noa!

miércoles, 18 de mayo de 2016

VIVIMOS NUN MUNDO MATEMÁTICO: O LIBRO


Recompilando as vosas pesquisas.

Durante todo o curso, moitas das familias da nosa Comunidade Educativa estiveron pescudando en busca de imaxes matemáticas presentes no noso entorno, ás veces, incluso, sen saír da casa.

Finalizada a actividade, aquí temos a recompilación. Unha merecida homenaxe a todos e a todas os que a fixestes posible.


O HORÓSCOPO CHINÉS



O traballo do alumnado de 2º B.

No currículo de 2º curso de Primaria figura o estudio e a representación do tempo. Por tal motivo, o alumnado de 2º B ten investigado sobre o horóscopo chinés para o seu traballo do PDI. Aquí o tendes.

martes, 17 de mayo de 2016

SÉTIMA PREGUNTA MATEMÁTICA


Relacionada coa C.D.U.

- Watson, preciso un libro. Podes ir á biblioteca e traermo?
- Que libro queres?
- O libro que preciso é un sabio gordinflón. Se lle preguntan non fala, sabe todas as respostas, ten todas as palabras. 

Tal e como acertastes moitos de vós, ese sabio gordinflón é o DICIONARIO, que poderedes atopar na sección 03

Parabéns ós gañadores: 


VAIA SORPRESA!


Un graffiti matemático no barrio!

Xa dabamos por concluídas as viaxes de Frianciño en busca dun mundo matemático cando, de repente, atopamos no correo a mensaxe da familia Roca, totalmente "abducida" nesta pesquisa matemática.

Mirade o que nos conta Carlos, o pai de Bernal e Icía:

Ola! No barrio temos un graffiti máis que interesante para a serie de fotos de "Vivimos nun mundo matemático".

Descoñecemos o autor e a súa intencion, pero non hai dúbida do que é 3,14.

Pi é un número irracional (non pode ser expresado como fracción de dous números) que se define como a relación entre o que mide a circunferencia e o seu diámetro (a liña entre dous puntos da circunferencia que pasa polo centro).


Bernal e Icía no papel da coma, separan o enteiro do decimal.

Realmente, fantástico! Encántanos todo: primeiro, a vosa iniciativa e interese por seguir descubrindo as matemáticas na vida cotiá. E, como non, a posta en escea! Que ben lles acae a Icia e a Bernal o look rapeiro!

Grazas, familia!

lunes, 16 de mayo de 2016

POEMAS XEOMETRIZADOS


Para  celebrar o Día das Letras Galegas.

Para conmemorar o Día das Letras Galegas quixemos ter moi presente ó poeta homenaxeado este ano: Manuel María. Primeiro, escoitando os seus poemas musicados a través da megafonía do centro durante a Hora de ler. E logo,  traballando sobre Os soños na gaiola. Así, enlazando co noso PDI, cada aula elixiu un poema e o ilustrou empregando figuras xeométricas. Este é o resultado.



Imaxe: BARFLY2001. Estatua adicada a Manuel María, en Monforte de Lemos. En Wikipedia. Dominio público. 

CARACOL, COL, COL


Cos nenos e nenas de 3 anos A.

No derradeiro Venres de Viva Voz, os nenos e nenas de 3 anos A cantan Caracol, col, col.

domingo, 15 de mayo de 2016

OS MOVEMENTOS DA TERRA


Co alumnado de 3º B.

Despois de traballar sobre este tema, o alumnado de 3º B fixo a súa exposición oral sobre os movementos da Terra ante uns atentísimos alumnos de 2º B.


viernes, 13 de mayo de 2016

INCENDIO EN FANDICOSTA


A nova da semana dos nenos e nenas de 3 anos B. 

Na última sesión da Nova da Semana os protagonistas foron os nenos e nenas de 3 anos B, que centraron a súa intención no incendio que sufríu a nave da industria pesqueira Fandicosta.

HISTORIA DOS NÚMEROS


Co alumnado de 1º A.

Despois de traballar sobre a orixe e a evolución dos números, os nenos e nenas de 1º A fixeron a súa exposición oral.


jueves, 12 de mayo de 2016

HISTORIA DA ESCRITURA



Explicada polo alumnado de 1º B.

Despois de elaborar o seu traballo escrito, os nenos e nenas de 1º B fixeron a súa exposición oral na que explicaron a evolución da escritura dende a Prehistoria.


UN FRIANCIÑO MATEMÁTICO


Creado por Ruth. 

A semana pasada, cando paseabamos por Infantil, descubrimos que o noso alumnado pensa en Frianciño, mesmo, durante o tempo de lecer. Así, descubrimos dous preciosos mouchos creados por Ruth cos seus xoguetes: pura matemática e simetría.


miércoles, 11 de mayo de 2016

XOGOS NO PATIO


Durante a hora de lecer.

A semana pasada, aproveitando que o sol, por fin, decidíu saír, a rapazada de 1º, 2º e 3º cursos de Primaria inaugurou o circuito de xogos que temos pintado no patio do noso colexio. Aquí os vedes xogando:


XOGANDO CO CUBO DE RUBICK


Durante o tempo de lecer.

Hai semanas, Mario pedíunos un libro para aprender a xogar co cubo de Rubick. Non atopamos ningún, aínda que si un enlace que compartimos neste blog. Dende ese día, temos detectado que se incrementa o número de alumnos e alumnas que xogan co cubo durante o recreo. E que, ademais, o aprendido no enlace resultou moi satisfactorio, porque os rapaces completan o xogo cunha velocidade de vertixe.

A semana pasada gravamos a Mario, Mathias e Naiara cos seus cubos. Comprobade por vós mesmos a súa habilidade!



FRIANCIÑO, ENTRE CUBOS E XEADOS



Con Olivia. 

A pasada fin de semana, Frianciño marchou a casa de Olivia. A pesares do tempo, foron tomar un xeado, e atoparon un cubo... aínda que non de xeo. Mirade o que nos conta Mª Jesús, a nai de Olivia:

Ola! De novo tivemos a Frianciño na casa. Esta vez levámolo a tomar un xeado, e alí había un xoguete que lle encantou! O cubo de Rubick. 

Grazas e ata o ano que ven!

Moitas grazas, familia. Co tema das matemáticas, o cubo de Rubick está moi de moda no noso cole. 

martes, 10 de mayo de 2016

CELEBRANDO OS MAIOS


Con outros centros e asociacións do barrio.

O pasado sábado 7 de maio, a pesares da choiva e do mal tempo, celebramos a Festa dos Maios. Non puido ser no Parque da Riouxa, pero si ó lado, no pavillón do colexio San Salvador. Alí, un grupo de pais e alumnos interpretaron as coplas e a danza preparadas previamente na aula de Música.

O maio tivo moito que ver co tema do noso PDI. Por iso, estaba decorado con figuras xeométricas.

Estas son algunhas imaxes dos momentos preparatorios, no patio cuberto do noso cole.




E este é o vídeo da actuación. Aínda que o son é malo, pódese apreciar a nosa intervención. 



Como vedes, foi un fermoso rato de convivencia. 

lunes, 9 de mayo de 2016

HISTORIA DOS NÚMEROS


Co alumnado de 1º A. 

Cando a humanidade se fixo sedentaria, creouse a necesidade de comezar a contar. Dende entón, os sistemas de numeración foron evolucionando ó longo da Historia. Sen embargo, todos coinciden no uso de grafías que empregan liñas organizadas de diferentes xeitos. Sobre iso investigaron os nenos e nenas de 1º A con motivo do noso PDI Entre liñas anda o xogo.


viernes, 6 de mayo de 2016

O MONSTRO DAS CORES


Interpretada por un grupo de pais e nais de 4 anos.

Coma nos mellores tempos, un grupo de pais e nais subiron ó escenario para interpretar na Tarde de Contos do pasado luns 2 de maio O mostro das cores. Alí estaban os pais de Jimena, Zoe, Nerea, Clara... e posiblemente algún máis do que descoñezo a paternidade e ó que pido perdón!

Aínda que non estiven alí, si que fun levada a un ensaio pola fermosísima música de Samuel Barber interpretada polo pai de Jimena no violochelo. Así que... podedes imaxinar a altísima calidade do conto!

E logo, obradoiro de monstros de cores.



Grazas, papis e mamis, polo voso entusiasmo e adicación. Ademais de ilusión, tamén requeríu tempo e entendemento. 

jueves, 5 de mayo de 2016

FRIANCIÑO, NO PARQUE INFANTIL



Con David. 

A fin de semana pasada, Frianciño marchou con David (3 anos B). Que ben o pasaron no parque infantil, cheo de liñas paralelas, horizontais, verticais... un auténtico xogo matemático!



Grazas, familia!

GATOS


Ou traballar a simetría dun xeito orixinal. 

Na clase de Plástica de 6º de Primaria están a traballar as simetrías. Nesta orixinal proposta, o alumnado crea os seus propios deseños, algúns deles, como poderedes comprobar, auténticas obras de arte.


miércoles, 4 de mayo de 2016

O ENANO SALTARÍN


Nas Tardes de Conto.

O pasado martes 19 de abril Nuria, a nai de Maya (2º B) e Valeria (3 anos A) decantouse por un clásico para a súa contada: O enano saltarín. Moi atenta estivo a rapazada, que logo creou as súas coroas. Había unha cantidade de príncipes e princesas polo colexio adiante...!



Grazas, familia!

INTENSA FIN DE SEMANA


Con Frianciño e Anxo. 

Esta fin de semana, Frianciño chegou esgotado de casa de Anxo. Vaia movemento! E que cantidade de formas xeométricas: liñas rectas, curvas, no deporte, na arquitectura, na música... Isto é o que nos conta Mónica, a nai de Anxo.


Este finde, Frianciño estivo moi atareado coa nosa: foi ás olimpiadas con Anxo, e celebrou o Día da nai en Vilar de Mouros, en Portugal.




Frianciño chegou encantado. Sobre todo, porque nunca vira esas cordas tan grosas que fan música no contrabaixo. Agora anda voando coma un tolo pola biblioteca adiante buscando discos nos que toquen os instrumentos de corda. 

Grazas, familia!