Nos últimos días temos reflexionado sobre esta imaxe que encabeza o post. Trátase dun cartel que forma parte dunha campaña publicitaria deseñada por un grupo de alumnas do curso Alfabetizacións Múltiples, desenvolvido no INTEF durante o presente mes de novembro. Como xa teredes descuberto, aborda o preocupante tema do Maltrato de Xénero.
O seguinte vídeo tamén forma parte da mesma campaña. Convidámosvos a visualizalo.
Reflexiona agora sobre el:
- Cres que, como espectador, recibes algún tipo de impacto ó visualizalo?
- Que sentimentos che provoca?
- Este vídeo é un xogo de contrastes. Serías quen de suliñar algún contraste que contribúe a chamar a atención do espectador?
- Que opinas das cores predominantes no vídeo? Contribúen a crear algún tipo de sentimento no espectador?
- Reflexiona sobre o testimonio da muller, sobre a máscara e sobre o lema da campaña. Que cres que teñen que ver? Resultan coherentes?
Se queres compartir algún dos teus sentimentos ou reflexións, convidámosche a facelo nos comentarios deste post.
Imaxe: GRUPO 7. Cartel campaña publicitaria Cóntao. Sabes que estamos. Curso Alfabetizaciones Múltiples INTEF. Novembro 2015.

35 comentarios:
A min dame vergoña que neste país haxa xente que maltrate a outra porque separáronse ou cousas así. Ademais, esas mulleres que foron maltratadas xa quedan marcadas para toda a súa vida. Recomento a todas esas mulleres que chamen ao número contra a violencia de xénero (016) para acabar con isto.
Roque 6ºA
Pareceme fatal que haxa persoas que poidan exercer algún tipo de agresión física ou psicolóxica, a calquera persoa só polo seu xénero.Habería que tentar frealos por iso as mulleres ou homes, que os maltraten que o digan para que poidamos axudalos e frear ao agresor.
Darío de 6ºA
A min paréceme moi ben, que haxa este tipo de campañas e se alguén ten medo porque os seus maridos as maltratan poden defenderse só marcando un número e denunciandoo.
Miriam 6ºA
Alejandro:
Eu penso que se che pasa algo así deberías contalo poque se non sempre vai ser igual.
Creo que é bo que existan estes tipos de campañas para que pouco a pouco vaia desaparecendo o maltrato de xénero.
A min me parece moi mal porque todos somos iguais.Se eu estivera nesa situación tería moito medo, pero chamaría para que me axudaran.
Ainara Brao v. 6ºA
Eu póñome na pel daquelas familias que perderon unha curmá, filla, tía... pola violencia de xénero. Eu non quero isto para aqueles talismáns como son as mulleres, que os seus maridos as peguen e as insulten, porque non só é maltrato físico tamén é sicolóxico. En conclusión tolerancia 0 ao maltrato, só hai que facer unha chamada ao 016.
Xoán Carlo Armada A.
6A
Eu considero que calquer tipo de violencia non é bo, pero os homes como as mulleres deben entender que todos somos persoas e os debemos tratar por igual.
Mario Monje López
6ºA
Eu creo que as mulleres que sofren violencia de xénero, terián que coller forzas e contalo, porque moitas delas teñen medo, están asustadas...Porque os seus homes ou noivos as maltratan fisicamente e verbalmente, e elas síntense moi mal, ás veces a maior parte delas non son capaces de dicilo. Pero hai que darlles ánimos para que den a cara e non se escondan.
Aldara Cornes Aguiar, 6ºA
Está moi ben que haxa campañas dese tipo , denuncialo é moi fácil chamando ao 016 . As mulleres cando sufren isto teñen medo u vergoña de decilo por se os seus maridos fanlle algo malo .
Luamy 6ºA
A violencia de xénero é unha cousa malísima, imperdoable. Non se pode permitir. É bo que haxa un númro o ue chamar para poder denuncialos e poder librarte del dunha vez por todas . Dame furia por medo.
Antón pazó collazo 6ºA
Os homes fan iso porque creo que non saben o que sufren as mulleres, eu penso que deberían pensar en elas e non sempre en si mesmo, porque o dor o senten elas, non eles.
Só penso que deberían pensar un pouco en elas non sempre en eles. Espero que isto acabe e non sigan.
Noelia Antunes Nogueira. 6ºA.
A min ponme furioso xa que algúns homes maltratan a algunhas mulleres, xa que os homes e as mulleres somos iguais, e cando son maltratada quedan marcadas de porvida, e non o denuncian por medo.
Eu penso que aparece unha muller cunha máscara, porque o tema do maltrato nunca sae á luz. E que si chamas algún número sempre estará alguén para axudarte. E non teñen porque tratar así a esas mulleres.
Uxía 6ºA
Eu creo que debeían facer mais campañas como estas porque non se pode facer a persoas que no te fan nada,e igualmente se te fallan non lle tes que facer nada.E non deberian ter medo en chamar á policia.
Para min o maltrato de xénero é unha maldade, porque todos somos iguais, o xénero non importa, debemos ter o mesmo dereito. A xente ten que apreciar que as mulleres e os homes teñen as mesmas capacidades.
Noel 6ºB
Transmiteme unha pregunta.
Medo e que se temos un problema o podemos solucionar.
Dame que a muller ten medo.
Durante moitos anos,demasiado tempo,considerouse que a violencia contra a muller era un problema privado, porque nin se podía comentar en público.Eu non entendo porque os homes teñen que matar ou agredir as súas mulleres. Esas persoas que fan dano as mulleres,teñen que saber que as mulleres tamén se merecen vivir a súa vida sen sufrimento.
Diego 6ºB
Dame pena.
Creo que hai que paralo porque lles obrigan a facer cousas que non queren facer, lles pegan, as botan da súa propia casa...e por iso hai que paralo.
Hai que acabar con esta violencia porque son moitas as mulleres que son víctimas, así que hai que axudalas e aos acosadores hai que metelos no cárcere.
Bruno 6ºB
A violencia de xénero pode producir lesións e tamén pode producir un grave trauma psicolóxico.
A violencia de xénero contra as mulleres debería extinguirse xa que supoño que a ninguén lle gusta. Eu penso que cada muller que sofre algún acto violento ou agresión debe contalo.
Eva 6º B
Ao ano son máis mulleres que homes as que morren, iso é por causa do machismo.
A violencia é un concepto de múltiples dimensións:o uso internacional de forza,poder físico ou ameazas...
Eu creo que as víctimas non denuncian xa non por vergoña senon por medo a que o seu maltratador faga algo ao respecto.
Esas mulleres non teñen vida propia porque están sometidas a alguén e non teñen "voz nin voto".
Penso que non se pode facer moitas cousa se as mulleres ou as familias non denuncian pero cando sae á luz algún caso debemos axudar.
Aine 6ºB
As familias e amigos das mulleres maltratadas deben axudalas, e acompañala policia. Xa que ninguén se merece que lle traten asi. A violencia de xénero e unha cousa que non se debe tolerar xa que é un tema serio, todos somos iguais. A loita contra a violencia de xénero deberia facerse todos os días, en honor ás persoas que a sofren.
Cristian 6ºB
Deberían parar esta violencia e meter a todos os que fan isto no cárcere, porque por culpa deles morren moitas mulleres ao ano.Tamén as mulleres que sofren violencia de xénero deberían avisar á policia.
Daniel 6ªB
Tanto os homes como as mulleres merecen ser tratados ben. Tampouco me parece ben que haxa máis casos de muller que de homes. As familia, os amigos cercanos e os vecinos deben axudar ás mulleres víctimas de violencia de xénero.
FABIOLA 6ºB
Non me gusta porque empeza ben e termina mal.Non me gustaría que lle pasase isto ás mulleres.Todos somos iguais BRAIS 6 ºB
A miña opinión é, que hai moitas mulleres que sofren a violencia de xénero, eu creo que as mulleres que sofren deberían contalo para que as axuden a saír deste problema tan machista e que non volva a pasar nunca máis.
Nahum 6º B
Eu penso que este dia debe realizar todos os días para que ningen sofran. Eu tamen penso tamen penso que a biolencia de xenero foi e sempre será un delito invisible, oculto en demasiadas ocasións; o peor é que non sofre unha muller ou un home se non que sofren mais persoas; os nenas, as nenas...
Elisa 6ºB
A min non me parece ben porque non é xusto que lle fagan iso ás mulleres, pódelle producir danos físicos, tanto coma danos morais... As mulleres deben ser tratadas como mulleres, non coma xoguetes.
Non podo entender como os homes lle poden facer iso.
Lucía 6ºB
Eu penso que é unha forma de maltratar á xente que debería pararse.
Inclúe actos que causan sufremento ou dano, ameazas, coerción ou
outra privación de liberdade. A maioría de víctimas son mulleres,
persoas que sofren violencia de xénero; vivindo así as consecuendias do machismo, moi inxustamente.
Sheila
6ºB
A miña opinión é que hai moitas mulleres que sofren violencia de xénero e case ningunha o conta. Deberían contalo para que alguén poda axudalas.
Todos debemos e podemos axudalas de algunha forma para que remate xa a violencia de xénero.
Nayara 6º B
Sabes que é a violencia de xénero? A violencia de xénero pode ser física ou psicolóxica, a física é a peor porque a maltrata, pégalle, empúxalle... Pero a psicolóxica tamén é mala porque lle di cousas como "non sirves para nada", "estás tola" e moitas ameazas horribles. Para min que as mulleres non o contan a ninguén por se o home se entera "vai ser peor", pero eu creo que se o contan aos policías poden axudalas. A violencia de xénero é o peor que lle pode pasar a unha muller porque sofren moito.
Mathias 6ºB
A min paréceme moi mal a violencia en xeral e tamén a de xénero porque morren moitas persoas ao ano e moita xente sofre por culpa de estas persoas que maltratan, así que creo que debería facerse algo contra esto.
Noah 6ºB
As mulleres teñen os mesmos dereitos que os homes.
a violencia de xénero significa "violencia que afecta ás mulleres", isto non é xusto.
Miguel 6ºB
Publicar un comentario