GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

lunes, 23 de noviembre de 2015

FRIANCIÑO NA PRAIA DO BAO



Aquí, o mundo tamén é matemático. 

A pasada semana, o noso compañeiro Andrés (4 anos) recibíu na súa casa a un visitante moi especial: Frianciño. Con el achegouse á Praia do Vao, onde atopou dous elementos matemáticos moi interesantes:

  • As arcadas situadas frente ó estadio do Fútbol Clube Coruxo. Esta imaxe fálanos de ritmo (o que producen as liñas brancas en cada columna; as que produce cada columna no seu conxunto; e as que producen os bancos localizados cada dous ocos); de tendencia ó infinito (as arcadas e a liña curva continúan máis alá da imaxe); de liñas paralelas (representadas polas xuntas existentes entre as pezas de formigón do chan e os soportes para as enredadeiras que sobrevoan toda a estrutura). Outro elemento moi interesante é a sombra que a estrutura proxecta no chan, e que da lugar á creación de ángulos obtusos.

  • A porta de entrada á capela do Carme. Esta imaxe é tamén moi rica: unha porta oxival de madeira dividida en casetóns cadrados decorados en forma de punta de diamante. A porta está rodeada de tres arquivoltas en pedra nas que os sillares están perfectamente tallados, ordenados e colocados, de xeito que o conxunto produce unha sensación de simetría cuxo exe é a pechadura da porta. Ademais, se nos fixamos, detrás de Andrés, as pedras do chan forman unhas liñas de fuga que se dirixen ó centro da porta. 

Pois como deron de si as fotos de Andrés! Que interesantes!

Moitas grazas pola vosa colaboración, familia!




No hay comentarios: