GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

miércoles, 25 de noviembre de 2015

REFLEXIONANDO SOBRE O DÍA CONTRA O MALTRATO



Unha data para reflexionar e porse na pel das víctimas.

Hoxe, mércores 25 de novembro, celebramos o Día Internacional contra o maltrato. Sen embargo, no noso cole levamos tres días reflexionando sobre o asunto e póndonos na pel das víctimas.

O punto de partida foi a lectura dunha imaxe, a partir da cal propuxemos unha rutina de pensamento que propiciou a reflexión e o intercambio de opinións. Neste enlace podedes lembrar a proposta.





A actividade completouse hoxe cun vídeo, no que, ademais dos elementos visuais, se engadían outros sonoros e auditivos. Tratábase de resaltar os contrastes e compartir os sentimentos que nos provocaban. Numerosos alumnos e alumnas de 6º curso de Primaria explicitaron os seus comentarios ó final do post. Os máis salientables témolos recollidos neste documento.




As aulas de Primaria resumiron o seu sentimento nuns lazos de cor lila cos que completaron o mural realizado polo alumnado de 6º A baixo a dirección das profes Luz e Montse

  



Non só lendo nos libros aprendimos sobre o maltrato!


1 comentario:

Anónimo dijo...

Eu penso que isto necesita máis vixilancia. E tamén que as mulleres non deberían ter medo a contalo, porque así evitarianse moitas mortes. E no momento que se reciben avisos de que unha muller está a ser maltratada xa hai que respaldala e tentar que non volva a estar co maltratador, pero desgarciadamente non hai moita xustiza con este tema. Espero que isto mellore.

Pablo 6ºA