No mundo actual (ao menos no mundo "occidental") semella imposible atopar a alguén que non saiba ler. Pero... sabes que non só temos que aprender a descifrar as letras dun texto? Tamén temos que ler o mundo: comprender o que nos queren dicir unha imaxe, unha película, unha campaña publicitaria...
Iso é o que che imos propor nesta actividade, coa que pretendemos aprenderche a ler o mundo seguindo unha sinxela rutina do pensamento.
Coa axuda da túa mestra ou mestre e a participación ordeada dos teus compañeiros, segue os pasos que che propomos a continuación e intenta descifrar que nos quere dicir esta imaxe:
- Vexo. Fíxate na imaxe e describe o que ves. Só o que ves, non o que poidas imaxinar. Seguro que entre todos descubrides unha morea de apreciacións que nun primeiro vistazo pasarían desapercibidas.
- Penso. Xa recoñeciches os detalles da imaxe. Cal cres que podía ser a intención dos seus autores cando decidiron creala?
- Pregúntome. Se xa tes descuberto cal é o tema (ou a intención do cartel) saberás que aborda un importante problema que afecta moi seriamente á nosa sociedade. Que cuestións ou preguntas veñen á túa cabeza cando escoitas falar del?
Seguro que as vosas reflexións resultan moi interesantes. Por que non tomades nota e nolas contades nos comentarios deste mesmo post?
Imaxe: GRUPO 7. Cartel campaña publicitaria Cóntao. Sabes que estamos. Curso Alfabetizaciones Múltiples INTEF. Novembro 2015.

No hay comentarios:
Publicar un comentario