Este curso, para celebrar o Nadal, cada aula vai preparar unha felicitación en forma de vídeo. Só haberá unha condición: construíla con formas e figuras xeométricas. Para iso empregaremos a app Explain Everything.
Pero... antes de empezar... atención! Segue estes pasos:
- Pensa ben que queres facer e prepara as túas ferramentas (imaxes, figuras...).
- Cando o teñas feito, comeza a gravar.
O seguinte titorial axudarache a coñecer a app:
E aquí deixámoste un exemplo elaborado deste xeito e explilcado paso a paso:
Estamos desexando ver as vosas obras mestras...!

No hay comentarios:
Publicar un comentario