Como xa vos informaramos nun post anterior, este curso, para festexar o Día da Paz, estivemos a traballar sobre a Emigración. Xa que entre Galicia e outros lugares do mundo xenerouse dende sempre un intercambio cultural moi intenso, pedimos ó noso alumnado que recabara información entre as súas familias e que a compartira connosco.
Este é o resultado deste traballo. Historias fermosas que falan de constancia, de tesón, de intentar mellorar as condicións de vida... De soños, pero tamén de morriña e de soidade.
Grazas pola vosa xenerosidade ó compartilas!
Imaxe: INDIACATALINA. Monumento a la madre del emigrante. Gijón. CC BY SA

2 comentarios:
Gran traballo. E ademais moi bonito. Hai días que dá gusto navegar por aí e ver LIBROS (en maiúscula) realizados pola xente miúda desta categoría.
Un saúdo dende BiblioLucus.
No nome dos nosos alumnos e das familias que o fixeron posible, moitas grazas, compañeiros, polo voso fermoso comentario.
Unha aperta.
Publicar un comentario