GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

lunes, 12 de enero de 2015

MIGRACIÓNS


O tema a reflexionar en 5º e 6º de Primaria polo Día da Paz.

Os alumnos e alumnas de 5º B traballarán este curso sobre a emigración galega a América. Sen embargo, este fluxo migratorio tivo un contexto máis amplo, e unhas consecuencias que chegan ata a actualidade.

A nosa primeira proposta é visualizar este vídeo informativo realizado co gallo dunha exposición que se desenvolveu en Madrid no ano 2011 e que tivo por título Migracións. Un planeta en movimiento.



Se prestades moita atención ós primeiros 9 minutos, poderedes contestar satisfactoriamente estas catro preguntas: 
      • Como podemos defininir Migración?
      • De cando data o primeiro movimiento migratorio?
      • Que motivos están detrás das migracións?
      • Que tipos de consecuencias teñen as migracións?
A nosa segunda proposta é traballar a partir dun artigo recollido no Faro de Vigo do 11 de decembro de 2014.



Por ultimo, aquí temos a nosa Ficha de traballo

Imaxe: EMILIA GARASINOSabiduría. En FlickrCC BY SA.    

No hay comentarios: