GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

lunes, 12 de enero de 2015

PRENSA, MIGRACIÓNS E PAZ



Estas serán as claves para traballar o noso Día da Paz 2015. 

O noso PDI deste curso (Un mar de linguas) incide na relación que mantiveron, ó longo dos séculos, diferentes culturas a través do mar. 

Os movementos migratorios existen dende que o home é home. Hai pobos coa emigración fixada no seu ADN: os xudeos, os africáns, os galegos. Por iso, por ser parte tan intrínseca de nós, queremos que o noso Día da Paz xire en torno á emigración. E farémolo a través da análise de diversos documentos e recortes periodísticos. 

O punto de partida será a canción El inmigrante, do arxentino Cotí, que imos aprender todo o alumnado na clase de Música. 

A partir de distintos recortes temos elaborado estes documentos de traballo: 
Esperemos que este traballo sirva para nos sensibilizar fronte a esta realidade e para nos pór na pel dos emigrantes. 

Imaxe: EMILIA GARASINOSabiduría. En FlickrCC BY SA.    

No hay comentarios: