Unha ferramenta útil para desenvolver o espírito crítico.
Cando falamos de Fomento da Lectura non só falamos do formato libro: o abano resulta enorme: lectura dixital, lectura de vídeos, lectura de textos discontínuos (gráficos, dípticos...), lectura de anuncios publicitarios, lectura de cancións, lectura de imaxes... Lectura, lectura, lectura. Captar a forma e o fondo. Preguntarse polas cousas. Desenvolver a capacidade crítica.
Os recentes acontecementos ocurridos en Francia téñennos deixado un regueiro de imaxes en forma de viñeta. Unhas máis sinxelas para a comprensión ca outras. Pero, en todo caso, todas elas nos permiten reflexionar acerca da violencia e dos límites da liberdade de expresión.
No mes en que celebramos o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia, esta realidade non pode pasar desapercibida. Nós, como profesionais da docencia, temos que aproveitar estas nefastas circunstancias para reflexionar co noso alumnado e, entre todos, intentar facer un mundo mellor. Nos pequenos contextos familiares e locais nós temos a palabra.
Así pois, temos seleccionado estas tres imaxes para traballar co alumnado de 5º e 6º de Primaria. Todas elas pertencen á colección 23 viñetas que rompen o corazón de los ilustradores respondiendo al atentando de Charlie Hebdo.
Bernardo Erlich. Revista VIVA, Clarín.
Francisco J. Olea
David Pope. The Camberra Times.




No hay comentarios:
Publicar un comentario