O venres pasado, os rapaces e rapazas de 5º e 6º de Primaria disfrutaron dun obradoiro que formaba parte da campaña Impórtanos!, promovida polo Consello Municipal de Cooperación Internacional e Solidariedade.
Este obradoiro comezou cunha presentación moi interesante, onde os nenos e as nenas puideron ver as grandes diferenzas económicas que existen entre uns paises e outros. A riqueza está moi mal repartida. E, para verificalo, non hai máis que ver o mundo dende outra óptica: empregando o mapa de Peters en lugar da tradicional proxección de Mercator.
A continuación, os rapaces fixeron xogos cos que se deron conta de que o reparto de riquezas é moi desigual: se uns teñen moito é porque outros teñen pouco.
Concluímos falando da importancia das ONG, que poden axudar a sensibilizar sobre estes problemas.

No hay comentarios:
Publicar un comentario