Un bo amigo meu comeza sempre as súas historias dicindo: hai sucesos e hai sucedidos. Pois isto que vou contar é un sucedido que aconteceu no noso colexio vai facer quince días, o venres no que comezaban en Santiago as Xornadas de Bibliotecas Escolares.
O dito sucedido tivo lugar despois do recreo. E a protagonista foi Alba, unha alumna de 4º A. A Xefa de Estudios atopouna chorando desconsoladamente, cun libro entre as mans, no corridor situado enfrente da Biblioteca. Cando lle preguntou que ocurría, a nena, sollozando, expuxo que tiña que devolver un libro, e que se esquecera de facelo durante o recreo.
- E agora... a Biblioteca está pechada, exclamou a nena.
- Non te preocupes, respostou a Xefa de Estudios. Déixasme o libro a mín e eu o devolvo.
E Alba continuou:
- Pero... é que así... non teño libro para ler durante a fin de semana...!
O dito. Auténtica pasión por ler.
Imaxe de Dominio Público

No hay comentarios:
Publicar un comentario