O pasado xoves día 20 de novembro os rapaces de 5º e 6º de Primaria poideron gozar dunha marabillosa visita: os alumnos e alumnas de 3º e 4º de E.S.O do IES República Oriental do Uruguai acudiron ó noso centro para compartir connosco os resultados dos seus experimentos.
Baixo a supervisión de Maite (profe de Bioloxía) e de Carmen (profe de Física e Química) e pertrechados coas súas batas brancas, os mozos explicaron con grande profesionalidade algúns dos seus traballos: estalactitas e estalagmitas caseiras, unha demostración da respiración pulmonar, a chuvia áceda, a formación de volcáns mariños, o campo magnético terrestre...
O desgaste foi grande. Por iso, á hora do recreo compartiron uns refrescos no comedor.
A cita foi a ocasión, para os mestres do cole, de nos sentir moi orgullosos do ramillete de ex-alumnos e ex-alumnas que viñeron compartir connosco os seus coñecementos e o seu saber facer. E ese esforzo merecía un premio. Por iso, Olga, a nosa directoria, entregoulles uns sinxelos agasallos polo seu esforzo.
Todo resultou unha ocasión estupenda para festexar que este novembro, que xa está a piques de rematar, ademais de ser o mes da Tradición Oral, tamén é o Mes da Ciencia en galego.
Moitas grazas, chicos! E moitas grazas, Maite e Carmen, pola vosa dispoñibilidade, a vosa colaboración (a pesar da dor de lumbago) e o voso entusiasmo!


No hay comentarios:
Publicar un comentario