Ogallá poideramos preservar a todos os nosos nenos e nenas desta lacra. Pero as víctimas do maltrato non son só as mulleres adultas. Recentemente, a UNICEF ofrecíanos estas terroríficas cifras:
- cada dez minutos morre unha adolescente no mundo como consecuencia dalgún tipo de violencia;
- uns 70 millóns de nenas de entre 15 e 19 anos teñen declarado sufrir algún tipo de violencia física;
- 84 millóns de adolescentes de entre 15 e 19 anos están casadas e sufren violencia emocional, física ou sexual por parte da súa parella ou marido;
- sobre 120 millóns de nenas menores de 20 anos en todo o mundo foron víctimas dalgún tipo de acto sexual;
- sete de cada dez nenas de entre 15 e 19 anos que teñen sufrido abusos físicos ou sexuais nunca pediron axuda porque crían que o seu non era un caso de abuso e non o consideraban un problema.
Que quere dicir isto...? Os nenos son tamén víctimas do maltrato. Pero tamén precisan ser educados para prevenilo.
A Concellería de Igualdade do Concello de Vigo e o Consello Municipal da Muller, coa intención de educar ós máis cativos contra a ciberviolencia de xénero, ten proposto a creación dun tapiz humano, no que participarán rapaces de Secundaria de diferentes centros da nosa cidade. Tamén teñen creado unha páxina web con moita información sobre a ciberviolencia.
Nas nosas mans, nas dos cativos e as cativas, está erradicar esta lacra da nosa sociedade. Convidámosvos a vos informar neste enlace:


No hay comentarios:
Publicar un comentario